Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 23 de abril de 2015

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO 2015





Vaia sorpresa que levamos! Despois da merenda apareceron coma por arte de maxia tres músicos: Montse, Rosana e Jose, acompañados dun saxofón, dunha guitarra eléctrica e dun tambor. Montaron o decorado e nun plis-plas, comezou a actuación. Primeiro cantamos para comezar con bo pé e nesas estabamos cando petaron na porta. E quen era? Un cabaleiro, nun cabaliño montado, que nos falou do Día do Libro e de Cervantes. Co que nos gustan a nós os libros, os contos e as historias! Os músicos de Bremen e A cebra Camila fixéronnos rir e pasalo pipa. Tamén cantamos no intermedio e mesmo rapeamos!! E para acabar, un agasallo: un marcapáxinas dos músicos de Bremen! ( Rodrigo lembrounos que é e como se emprega, por se había algún despistado) 


Moitísimas grazas aos tres músicos que con tanto agarimo prepararon esta festa do día do libro: Montse, Rosana, Jose, sodes os mellores. O voso esforzo levou premio: toda unha escoliña chea de nenos e nenas disfrutando co voso traballo. Ata a próxima, cando queirades! Un bico enorme para os tres!












Ningún comentario:

Publicar un comentario