Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 27 de xaneiro de 2015

A BANDEIRA DE AUSTRALIA


Cando Félix nos falou da bandeira de Australia, Toni fixouse que había outra bandeira dentro que xa coñecía: a bandeira do Reino Unido. Investigamos un pouquiño e soubemos que Australia foi colonia británica, por iso aparece como lembranza. Tamén observamos que había estrelas brancas, grandes e pequenas, todas con sete puntas agás unha, que so ten cinco puntas. E a que non sabedes que as 5 estrelas da dereita son as que forman a constelación Cruz do Sur? É unha constelación que se ve perfectamente no ceo de Australia. As 7 puntas da outra estrela máis grande da esquerda representan os estados de Australia.

E mirade no vídeo como máis dun milleiro de ovellas "debuxan" a bandeira de Australia para celebrar o Día Nacional de Australia (26 de xaneiro) Tamén "escriben" a palabra OZ ( que é ao mesmo tempo a transcrición fonética das dúas primeiras letras de Australia en inglés o o mundo máxico no que se adentrou a pequena Dorothy)




Ningún comentario:

Publicar un comentario