Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 25 de novembro de 2014

ARTURO Y CLEMENTINA




Hoxe, día internacional contra a violencia de xénero, limos na biblioteca de Leiro o conto Arturo y Clementina. Xa na cuberta do conto tivemos moito que comentar porque houbo alguén que dixo que había unha "chica", a das flores, e un "chico", o do reloxo. E logo as chicas non levan reloxo?, preguntou a profe. Pensamos, e moitas mamás e avoas si tiñan reloxo. E os chicos non levan flores? Falamos, e Toni concluiu que se lle gustaban, claro que podían.
Despois da lectura do conto, a profe preguntounos se nos gustara e dixemos que si. Pero ante a pregunta: E que vos pareceu Arturo?...
-Mal
-Moi mal
Por que?
-Porque lle berra a Clementina sempre
-E rise dela
-E ponlle moitas cousas atadas e non se pode mover
-E non lle deixa tocar a flauta
-Nin pintar
-Eso no se hace
E que fixo Clementina?
-Marchou

Pois si, Clementina marchou para poder vivir unha nova vida, unha vida libre e feliz. E nós fixemos un debuxo do conto e os nosos debuxos enchéronse de flautas e de pinturas de cores para que todas as Clementinas do mundo saiban que poden saír adiante se marchan e que unha nova vida estalles agardando.



Quedámonos tamén coa imaxe da Campaña da Cruz Vermella deste ano, que pretende concienciar á mocidade contra a violencia de xénero: Conecta os sentidos, non todo é amor. E cun número de teléfono: 016







Ningún comentario:

Publicar un comentario