Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 15 de outubro de 2014

FROITAS DA SELVA AMAZÓNICA: ADRIÁN TRAENOS UNHA IUCA E A PROFE ROSANA FROITA DA PAIXÓN




Hoxe Adrián sorprendeunos traendo unha froita que na froitería lle dixeron que había na Selva Amazónica: a iuca. Non sabiamos nada desta froita así que axiña buscamos en internet información. Así soubemos que a iuca, tamén chamada mandioca, é unha raíz comestible que se cultiva en zonas tropicais. Sempre se come cociñada e ten moitas vitaminas. Por fóra é de cor marrón e textura rugosa. Por dentro é de cor branca. Cando a cheiramos, uns dixeron que cheiraba a plátano, outros a castaña, a "líquido" e a "olfato". Vimos fotos en internet nas que semellaban patacas fritas. Se picades aquí podedes ver a receita.



Non chegamos a probala, chegounos con abrila e respirar o seu perfume. Como cheiraba! A algún non lle gustou nada, dáballe arrepíos o olor. En cambio a outros gustounos moito.



Ningún comentario:

Publicar un comentario