Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 24 de setembro de 2014

CHEGA O OUTONO E CON EL...A CARTA DE FÉLIX!


Á hora das rutinas tivemos que cambiar as letras do verán polas do OUTONO. Unha nova estación do ano que traerá cambios na paisaxe, nas cores, na nosa roupa, no tempo... Coa lectura do conto ¿Qué sabes del...OTOÑO?, da Editorial Edebé repasamos o que sabiamos desta estación do ano e aprendimos algunhas cousiñas máis. Picade aquí ou na imaxe se queredes voltar a ler o conto.


E un chisquiño máis tarde chegou a carta de Félix. Agora xa sabemos que anda pola SELVA AMAZÓNICA, coñecendo de primeira man unha chea de animais que viven nesta fraga tropical de América do Sur que se estende arredor do río Amazonas. Comezamos no cole, da man de Félix, a nosa aventura na selva amazónica!




Ningún comentario:

Publicar un comentario