Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 2 de abril de 2014

FOLERPAS DE NEVE


Hoxe visitounos Juanita con outra sorpresa: un artigo da revista XL Semanal que falaba das folerpas de neve. Ao principio non sabiamos exactamente que era o que saía nas fotos: cristais, diamantes, "topos" de neve, hielo, hielo congelado... Ler o artigo sacounos de dúbidas. As fotos eran de folerpas de neve feitas cunha cámara especial para ver as cousas pequenas moi grandes. Logo de observalas concluiron que non hai dúas folerpas de neve iguais. As folerpas, segundo o artigo, fórmanse pola conxelación dunha pinga de auga ao redor dunha mota de po ata formar un cristal. Xa no 1611 Kepler dixera que as folerpas de neve tiñan forma hexagonal e que todas eran diferentes. Na bolsa de Juanita viñan folerpas de papel que miramos con atención para despois facer cada un a nosa. Coma se de maxia se tratase, despois de dobrar e cortar o folio para conseguir un cadrado, a profe axudábanos a facer o pregado especial da folerpa, marcábamos as liñas onde había que recortar, recortábamos, abríamos e...aparecía unha folerpa!! Non saíu unha igual ca outra!! Debe ser certo iso de que cada unha é única!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario