Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 15 de febreiro de 2013

JUANITA VÉN XOGAR CON NÓS: FOTOGRAFÍA DE CHEMA MADOZ

 
 
 
Hoxe, á volta do patio, pareceunos escoitar un ruido que viña da zon a da biblioteca. A profe mirou e agachadiña nunha bolsa estaba...JUANITA!! Canto tempo desde a súa última visita! Que ganas tiñamos de vela. Como xa sabíamos que para xogar con ela había que respectar as normas de xogar a pensar, axiña as lembramos: sentar en círculo, escoitar, falar, erguer a man para falar, pensar coa cabeciña, respectar aos demais e pasalo ben.
 
 
Démonos a man para facer unha roda, sentamos en círculo e Iria lembrounos que mellor poñer as pernas como o Escriba sentado, para así estar máis cómodos. Juanita estaba preparada para amosarnos o que nos trouxera na súa bolsa. Que é? Unha foto!
 
A profe preguntounos: que aparece na foto?
Varios: Unha pipa!!
Ar: Unha pipa. Unha pipa do Apalpador!!
Ne (repite): Unha pipa do Apalpador!
Prof: Ímola mirar un pouco mellor, a ver que vos parece.
Ar: Me parece un tobogán.
F: Es una pipa, eh?
Ar: Un tobogán
F: No, porque arriba no se puede entrar.
Varios: Unha pipa.
Prof: Seguro? Ad., que é isto?
Ad: UNha pipa do Apalpador.
Prof: Que será, Jo.?
Jo: Unha pipa do Apalpador.
Prof: Agora ímonos fixar outra vez porque esta pipa ten algo por aquí, por aquí arriba. A ver que ten...Que ten por aquí arriba?
Ar: Ten un pao de pipa.
W: Tiene unos agujeritos.
Prof: A ver, escoitamos o que dixo W., que ve el por aquí arriba?
Varios: Agujeritos!
Prof: E as pipas que vós coñecedes teñen buratiños?
Varios: Siii
Prof: Si? Teñen buratos?
J: Ten agujeros, como as flautas.
F: Una flauta-pipa!
Ar: É unha flauta-pipa!!
Prof: Primeiro dixemos que era unha pipa, unha pipa do Apalpador. Pero despois W. dixo que tiña buratiños e entón cos buratiños J. dixo que parecía unha frauta. E logo F. dixo que era unha frauta-pipa.
F: Una flauta-pipa es que se parece a una flauta y a una pipa.
Prof: E para que serve unha frauta-pipa?
Ar: É para poñer esta punta na boca (sinala a boquilla).
Prof: E que fas con ela?
Ar: Pois soplo e faise unha pompa e despois baixa por aquí e convértese e saen nubes. (polo burato grande)
Prof: Como funciona esta pipa?
F: Yo creo que es una flauta-pipa. Yo creo que si soplas por aquí (sinala a boquilla) sale música y por aquí (burato grande) sale la música y le pones los dedos por los agujeros.
Prof: Ahhh, sae música...
To: Soplo "tititi" y sube así.
Prof: S., para que serve?
S: No sé.
L: Parece una carretera.
Prof: Como funciona, At.?
At: No sé
W: Va por aquí (por arriba) una nube azul y sale por aquí (por abajo)
Prof: Dixéchedes que era unha frauta-pipa. Cando sopramos unha frauta, que sae?
Varios: Música!!
Prof: E desta frauta-pipa sairá música?
Varios: Siiii.
Prof: Que música? A ver, escoitade a ver se sae. Escoitade... (Todos calan e escoitan) Sae música?
Varios: Siii.
Prof: E que música?
Ar: Eu non escoitei nada.
Prof: A ver, escoitade. Que música sae, To.?
To: Tututu (poñendo as mans coma se tocase unha frauta).
Prof: Imos pechar os ollos para escoitar mellor a música. A ver, To., como fai?
To: Tututu, tututu
Prof: Iri, Jo., como fai?
Iri: Mmmmmm
J: Tututuuuu
Prof: Que ben soa! Imos tocar todos a ver como soa a nosa música.
Todos tocamos, cada un ao seu xeito, e soa ben!: Mmmmm, tutututu, titititi...
Prof: Que ben soa a frauta-pipa! De quen será??
Todos: Do Apalpador!!!! (E póñense todos a chillar cada vez máis alto)
Prof: Ohhh, non podemos chillar así, que Juanita se asusta!!
W: Lo siento, Juanita...!
Varios: Perdona, Juanita, perdona.
(O ton de voz volta á normalidade)
Prof: Alguén de vós ten unha frauta-pipa na súa casa?
Varios: Nooooon
Prof: E unha pipa?
Varios: Nooooon
Prof: E unha frauta?
Varios: Yo si!
To: Papi sí.
 
O diálogo remata e Juanita quere saber se nos gustou o que nos trouxo para xogar a pensar. Ten un cartel con cariñas e vainos ir chamando de un en un para que toquemos a cariña vermella se non nos gustou nada o que fixemos. A cariña verde se nos gustou regulín-regulete e a cariña amarela se nos gustou moito.
 
Ar: A amarela, a amarela!!!


 
A profe pega o cartel na pizarra, Juanita vai chamando e de 19 que estamos hoxe, a 4 non lles gustou o que fixemos, a 1 regular e a 14 gustoulles moito.
Despedímonos de Juanita cunha chea de bicos voadores ata a seguinte visita. Chao Juanita e grazas por vir xogar con nós!!
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario