Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 14 de decembro de 2012

CUMPLES DE DECEMBRO

Hoxe celebramos os cumples de decembro. Lara, Carla e Paula cumplen 3 aniños este mes e como o vindeiro venres temos a festa de Nadal e logo veñen as vacacións, este era o último venres que nos quedaba para facer a festa. Tíñamos todo preparado pero a última hora Carla e Paula tiveron que ir ao médico e non puideron facer a tarta. Non vos preocupedes mozas, a vosa tarta e a vosa festa quedan pendente para o mes de xaneiro!!
 
Así que hoxe celebramos o cumple de Lara, que fixo a tarta ela soíña con tanto xeito que parecía unha experta resposteira. Que rica estaba, non quedou nadiña!! Parabéns, Lara!!!

 
 
E por fin CARLA e PAULA fixeron a súa tarta. Parabéns, mociñas! 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario