Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 19 de novembro de 2012

EXIPTO ESTÁ EN...BOIRO

Pois si, amiguiños, hoxe a profe tíñanos unha sorpresa: en GALICIA temos un lugar que se chama EXIPTO! E sabedes como nos enteramos? Grazas á profe María de música (á que botamos moito de menos) que visitou o noso blog, veu que FÉLIX andaba de viaxe por terras exipcias e mandounos unhas fotos preciosas do EXIPTO boirense. Así que se unha fin de semana nos apetece ir a EXIPTO, non temos máis que coller o coche e achegarnos ata alí. Se alguén se anima, que non olvide facer fotos coa pirámide! Moitas grazas e moitos bicos, profe María!!!!
 
 
 
 
 
 

1 comentario:

  1. Cando vin que Félix estaba en Exipto fun correndo a unha parroquia que hai en Boiro chamada Exipto a ver se conseguía ver a Félix para facerlle unha foto para mandárvola! Pero seica non é o mesmo Exipto aínda que se chama igual!
    Foto de Félix non conseguín pero espero que vos gustaran as da pirámide!
    Un biquiño para todos os pequerrechiños e para a profe Marta! Eu tamén extránovos moito!!!

    ResponderEliminar