Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 11 de marzo de 2025

MULLERES IMPORTANTES DA NOSA VIDA



 Hoxe na biblioteca de Leiro Zapatocas tiña preparadas dúas sorpresas en forma de conto: Max e os superheroes e Abuelas de la A a la Z. 

Que encargo tan superimportante temos entre mans? En breve, descubrirémolo...




sábado, 8 de marzo de 2025

O ESCUDO DO CAPITÁN AMÉRICA

 A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer o escudo do Capitán América. Moitas grazas a todas por participar! Quedaron supercoloridos!




Eric e o seu escudo do Capitán América



Alexia e o seu escudo do Capitán América



Carmen facendo o escudo

Carmen e o seu escudo do Capitán América



Dani e o seu escudo do Capitán América

venres, 28 de febreiro de 2025

FESTIVAL DE ENTROIDO

 Un ano máis, xuntámonos para celebrar o festival de Entroido no Auditorio de Ribadumia. Unha xornada chea de xogos, bailes, fotos, a actuación de Magín Blanco e o desfile final polas rúas. Moitísimas grazas ás familias pola merenda e á ANPA pola superdecoración. Vémonos, á volta das vacacións, o xoves 6 de marzo.


















martes, 25 de febreiro de 2025

EXTRA! EXTRA! O RESCATE DOS CARTOS ROUBADOS

 Chega a novidade que estábades agardando: o noso conto de Entroido! Preparados? Esperamos que vos faga tanta ilusión como a nós facelo e compartilo convosco.