Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 11 de xaneiro de 2024

NICOLÁS FAI 6

 Hoxe celebramos o aniversario de Nicolás acompañándoo nas súas 6 voltas ao redor do sol. Parabéns, Nico! Canto medraches!









martes, 9 de xaneiro de 2024

COMPARTINDO O NADAL

Neste recunchiño imos poñer todo o que queirades compartir destas vacacións de Nadal. Moitas grazas, familias!

Manu e a súa familia quixeron compartir con nós as lecturas que lles deixou Papá Noel na súa casa. Un libro de piratas e outro de lendas de Nadal. 



Alma e a súa familia tamén quixeron compartir con nós o conto que lle trouxeron os Reis. Mais houbo outros momentos especiais no seu Nadal: o premio que levou coa súa postal, a visita a Papá Noel con Aroa, o seu gato Tito vestido de Papá Noel e a súa primeira actuación de ximnasia rítmica.








FELIZ 2024!

 Voltamos ao cole estreando un novo ano e con moitas ganas de reencontrarnos, falar das vacacións, descubrir as novidades que apareceron no cole coma por arte de maxia e xogar xuntos outra vez. Feliz 2024 a todas!











xoves, 21 de decembro de 2023

FESTIVAL DE NADAL

 Hoxe celebramos o festival de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Moitísimas grazas á ANPA por facer todo máis bonito con tanto agarimo, ás familias de 3 anos pola merenda e a todas as familias que viñeron ver as actuacións e compartir con nós esta festa. Que teñades unhas moi felices festas e un bo ano 2024! Vémonos á volta, o 8 de xaneiro!



























martes, 19 de decembro de 2023

BO NADAL!

 Por fin conseguimos facer unha foto do grupo completo para desexarvos:

Bo Nadal e felices festas!