Felices festas!!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 25 de decembro de 2018
xoves, 20 de decembro de 2018
mércores, 19 de decembro de 2018
CUMPLES DO MES DE DECEMBRO
Hoxe celebramos os cumples do mes de decembro. Leo e Carla prepararon a tarta para convidarnos e non quedou nadiña. Parabéns! Canto medramos!
luns, 17 de decembro de 2018
ALBA E MARTA TRAEN TESOUROS DO MAR
Alba e Marta trouxeron dous tesouros do mar que tivemos que observar moi ben para poder facer hipóteses do que podían ser. Finalmente resultou que estábamos ante un ourizo de mar e un ovo dun tiburón que podemos atopar nas Rías Baixas e que ten varios nomes: pintarroja en castelán e melgacho ou can do mar en galego. Toda esta información sacámola do blog Tiburones en Galicia.
E tamén deste libro que temos na nosa biblioteca:
Tamén vimos como é un ourizo de mar cando seca, cáenlle os pinchos e queda o esqueleto.
| Ourizos da Escola de Leiro |
Nesta páxina podemos ler as características, curiosidades e receitas co ourizo de mar.
E aquí a receita de guiso de pintarroja. Alguén se atreve a probalos?
domingo, 16 de decembro de 2018
BIBLIOTERAPIA. LECTURAS SAUDABLES
Proxecto de lecturas saudables da Consellería de Sanidade. Neste enlace e nos de abaixo tedes máis información.
OS LIBROS RECOMENDADOS
INFOGRAFÍA
REGULAMENTO DO EMPRÉSTITO DOS LIBROS DO PROXECTO BIBLIOTERAPIA
sábado, 15 de decembro de 2018
FAMILIAS A BORDO! O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR!
Queridas familias,
unha vez máis pedimos a vosa colaboración para embarcarnos no sabor da aventura está no mar e achegar os vosos fillos e fillas a novos sabores e a unha alimentación saudable. Á volta do Nadal, e con todo o material que nos traiades: receitas, fotos, cunchas, enquisa de proba de novos produtos do mar... imos argallar unha chea de actividades. Moitísimas grazas polo voso esforzo e a vosa axuda!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




