Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 10 de abril de 2025

IMOS Á GRANXA ESCOLA!

 Chegou o día de ir á granxa escola Río Mouro! Deixámosvos as fotos de todo o que aconteceu ao longo da xornada e do ben que o pasamos.
































OVOS DE OCA, GALIÑA E PASPALLÁS

 Pablo e Eloy trouxéronnos ovos de diferentes tamaños para que vísemos a diferenza. Mirámolos por fóra, collémolos ao peso e abrímolos para ver que tiñan dentro. Había que comprobar se tiñan pitiño ou non! Moitas grazas á familia de Pablo e Eloy!






martes, 8 de abril de 2025

CHIBOS CHIBÓNS

 


Hoxe recibimos a visita da familia de Pablo e Eloy cunha sorpresa: traían os chibos chibón do conto! Puidemos tocalos e velos saltar. E démoslles herba do patio de Leiro para que a probaran! Tamén nos deixaron unhas fotos para o cole. Moitas grazas pola vosa visita e por preparala con tanto agarimo. Pasámolo moi ben!






domingo, 6 de abril de 2025

ABELLAS

 



Picade na imaxe para ver o vídeo 
do conto


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha abella. Moitas grazas a todas por participar! Quedaron espectaculares!


Eric e a súa abella



Carmen e a súa abella

mércores, 2 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

 


No Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo, na nosa escola unímonos para recoñecer e visibilizar a diversidade do autismo e para mostrar a nosa solidariedade e compromiso coas persoas con autismo e as súas familias. 






martes, 1 de abril de 2025

EL CONEJO DE PASCUA Y EL BOSQUE DE CHOCOLATE

 



Deixámosvos o vídeo do conto que tiña preparado hoxe Zapatocas para contar na biblioteca de Leiro: El conejo de Pascua y el Bosque de Chocolate. Seredes quen de contalo vós? Seguro que si! Porque nos encantou!



HOXE VÉN O RATO PÉREZ!

 Á hora da merenda Aroa perdeu o seu primeiro dente! Pasará esta noite o Rato Pérez pola súa casa? Xa nos contará!


Claro que pasou! E deixoulle unha carta e unha sorpresa! Canto nos alegramos, Aroa!