Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 19 de febreiro de 2024

MANU, REI COMEFROITAS

 Manu vén de acadar a súa coroa de Rei Comefroitas do mes de febreiro. Parabéns, Manu!



BARCO PIRATA

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un barco pirata. O de Aroa foi o primeiro en chegar a porto. Tripulación preparada! Moitas grazas por participar!

Aroa e o seu barco pirata


sábado, 10 de febreiro de 2024

ENTROIDO PIRATA

 O Entroido pirata chegou ao Auditorio de Ribadumia. O Mago Paco trouxo contos e  iMAXInAción, as nais da ANPA organizaron a Busca do tesouro máis xenial de todos os mares, merendola típica destas datas da man das familias do alumnado de 4 anos, desfile interior por mor do mal tempo e fin de festa bailando co pirata Chocolo. Unha vez máis o noso agradecemento infinito á ANPA e a todas as familias que se implicaron con tanto traballo e tanto agarimo para facer a decoración e organizar os xogos. Moitísimas grazas por formar parte da nosa tripulación! Vémonos á volta das vacacións o xoves 15 de febreiro! Que o pasedes moi ben!









Moitísimas grazas, mamás piratas!













xoves, 8 de febreiro de 2024

A CANTAR E BAILAR COS PIRATAS

 






O MECO MANDA...TRAER O TEU DISFRACE FAVORITO



Que ganas de traer os nosos disfraces favoritos! Non puidemos saír ao patio pero pasámolo moi ben xogando cun crebacabezas de disfraces e facendo un anteface de unicornio despois de ver dous videocontos que nos encantaron.














martes, 6 de febreiro de 2024

PIRATAS BUSCANDO UN TESOURO

 Extra! Extra! Xa temos rematado o noso conto de Entroido! 



Dámosvos a benvida á nosa historia de piratas. Agardamos que vos guste tanto como a nós facelo!