Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 6 de febreiro de 2024

O MECO MANDA...PINTAR AS UÑAS

 E nós aproveitamos a nosa visita semanal á biblioteca para contar a historia de Juan e as uñas de cores. Falamos da importancia de respectar os gustos dos demais e non facer burla nin participar nela para facer sentir mal os que temos ao noso lado. Despois, con moito coidadiño pintamos cos pintauñas. Abrir a rosca do boteciño, sacar o pincel e limpar a pintura no bordo, pintar a uña procurando non saír por fóra, voltar a gardar o pincel e pechar o bote, cambiar de cor, agardar a miña quenda...Vivan as uñas de cores!







luns, 5 de febreiro de 2024

domingo, 4 de febreiro de 2024

O CASAMENTO DOS PAXARIÑOS

 O pasado 2 de febreiro celebramos o Día da Candeloria. O refraneiro popular dinos que ese día casan os paxariños e medio inverno vai fóra. Estivemos moi atentos no patio e vimos varias parellas voando xuntas, cantando, pousadas nas árbores...

Aprendimos a debuxalos seguindo sete pasos e enchimos todo de corazóns.




Aproveitamos que tocaba proposta de cociña e miramos como facer paxariños namorados. 




Os primeiros que chegaron foron os de Alma. Que riquiños! Cantos corazóns de amorodo! 

Moitas grazas a todas por participar!

Alma e o casamento dos paxariños


Adán e o casamento dos paxariños

sábado, 3 de febreiro de 2024

OS MANDADIÑOS DO MECO

 Achegámonos ao Entroido e a vindeira semana (do luns 5 ao venres 9 de febreiro)  o Meco manda. Tomade nota do que toca cada día e animádevos a participar!




UN CONTO DE ENTROIDO

 Xa estamos traballando no noso conto de Entroido! Despois de coñecer os personaxes inventamos a historia e agora estamos dándolle cor e completando o que falta. En breve sairá do prelo e pasará a formar parte da nosa biblioteca.









xoves, 1 de febreiro de 2024

DETECTIVES DO PATIO

 Canto nos gusta estar fóra! Aproveitando o bo tempo saímos facer de detectives do patio a ver que había interesante e que podíamos debuxar: as flores da camelia, a casiña, un coche, o sol, unha araña, as compañeiras... E da nosa propia colleita todo o que se nos ía ocurrindo: un arco da vella, o meu can...








IMOS ESCRIBIR