A semana pasada Zapatocas apareceu na biblioteca cunha caixa chea de bloques e unha fotografía.
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 23 de xaneiro de 2024
CONSTRUINDO A PAZ
LIDIA CAO
Na edición dixital da Voz de Galicia limos que a muralista Lidia Cao pintou un mural no instituto de Santiago onde estudou. A fachada e o muro do seu antigo centro de estudos pasaron de ser grises a encherse de cor e vida da man desta artista de Ordes. Queredes coñecela?
Fixámonos nos debuxos, nas cores, na técnica que emprega para pintar, no seu nome escrito debaixo dunha casiña, de que ten L coma Lara...
Picade aquí para ler a noticia completa e ver o vídeo de Lidia pintando.
sábado, 20 de xaneiro de 2024
PINGÜÍNS
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un pingüín. Os de Alma e a súa familia acaban de chegar recén saídos do frío polar que nos acompaña. Moitas grazas a todas por participar!
![]() |
| Alma e os seus pingüíns |
![]() |
| Valeria e os seus pingüíns |
![]() |
| Aroa e os seus pingüíns |
![]() |
| Adán e os seus pingüíns |
| Lara e os seus pingüíns |
venres, 19 de xaneiro de 2024
ALEXIA, RAÍÑA COMEFROITAS DO MES DE XANEIRO
Alexia foi a primeira en acadar a súa coroa de Raíña Comefroitas do mes de xaneiro. Parabéns, mociña!
xoves, 18 de xaneiro de 2024
A PROFE MARINA
MARINA!, MARINA!
![]() |
| Picade na imaxe para ler a noticia enteira no Diario de Arousa |























