Imaxe: Ricardo Liniers Siri

mércores, 5 de maio de 2021

RECEITAS TRADICIONAIS DO SALNÉS

 A Mancomunidade do Salnés vén de publicar un libro de receitas tradicionais do Salnés que podedes consultar picando na imaxe. Animádesvos a probar algunha? Bo proveito!



OS PETOS DE LORETO

 A Señora Loreto ten un abrigo cheo de petos. Dos petos da Señora Loreto saen obxectos inimaxinables: paraugas, libros, bañadores e mesmo crocodilos! E que sairá do peto de Alicia? E do de Carla? A que non sabedes o que hai no peto de Martín? Teredes que preguntarlles a eles porque cadaquén encheu o seu peto do que máis lle gusta: mamá, un leopardo, chuches, un gato, un guindastre...

Se queredes ver o conto de novo, picade aquí.






VIVA LA VIDA

 



Unha das obras máis coñecidas de Frida Kahlo é Viva la vida. O cadro das sandías é o que máis lles gusta aos nosos amigos os Comefroitas. Por que será?

A nós encantounos darlles cor ás sandías con xiz.











XOGUETES DE RECICLAXE: A RA COMEMOSCAS

 Este curso estámoslles dando novos usos aos rolos de papel hixiénico e hoxe fixemos un xoguete ao que lle chamamos A ra comemoscas. Non é nada doado lograr que a ra atrape a mosca. Hai que ser moi coidadoso. Martín conseguiu que a ra comera a mosca 4 veces! Seguide practicando na casa! Podedes probar en familia!






luns, 3 de maio de 2021

FRIDA KAHLO

 Ao longo deste trimestre estamos achegándonos á vida e obra da artista mexicana Frida Kahlo. Na biblioteca temos un recuncho de libros sobre esta pintora universal.



Un dos cadros que Frida pintou é o seu Autorretrato El Marco. Falamos do que é un autorretrato e fixemos o noso, adornando o marco con pétalos rosas de camelia e amarelos de pampullo. Non podían faltar os loros. Sabedes que Frida tiña un loro que se chamaba Bonito? 
















domingo, 2 de maio de 2021

MATRIOSKAS

 Lembrades o ovo matrioska que vimos no xornal a semana pasada? Pois Carla contounos que a súa tía tiña unha matrioska na casa e mandounos as fotos para que as vísemos. Moitas grazas, Carla! Que bonitiñas son!

Se tedes na casa unha matrioska e queredes compartila con nós, mandádenos a foto! Xa vimos a da profe Ángeles que tiña 3 bonequiñas e a de Carla con 4 bonequiñas.




O MAIO DE SOFÍA

 Sofía quixo compartir con nós o maio tan florido e orixinal que fixeron na súa casa aproveitando o fiuncho. Moitas grazas! Feliz Maio!