Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 22 de abril de 2021

MANUEL E O CONTO O BAÑO DE CAILLOU

 Manuel convertiuse en Caillou na hora do baño e preparou coa súa nai a portada do conto para celebrar o Día Internacional do Libro.

Moitas grazas a Manuel e a súa familia por participar!







mércores, 21 de abril de 2021

ALICIA E O CONTO MI GRAN LIBRO DE SAM EL BOMBERO

 Alicia e os seus curmáns Mateo e Antón, convertíronse en Sam el bombero e os seus compañeiros de equipo. Non hai lume que se lle resista a estes tres profesionais! 

Moitas grazas a Alicia e a súa familia por participar!



DIANA E O CONTO EL GATO CON BOTAS

 Diana elixiu o conto do Gato con botas e que mellor que o seu gato Lolo para acompañala na recreación da súa portada!

Moitas grazas a Diana e a súa familia por participar!



CARACOIS AO NATURAL

 No noso patio aparecen caracois e gústanos moito facerlles casiñas, coidalos e despois soltalos, claro. E por que non debuxalos do natural? 







DIANA RAÍÑA COMEFROITAS DO MES DE ABRIL

 Diana acadou a súa coroa de Comefroitas do mes de abril. Parabéns, Diana!



MARTÍN E O CONTO ADIVINA CUÁNTO TE QUIERO

Martín e a súa mamá recrearon a portada dun conto ao que lle teñen un cariño moi especial: Adivina cuánto te quiero. Convertíronse en coelliños e saíron ao monte a buscar un lugar ben bonito onde facer a súa foto. 

Moitas grazas a Martín e a súa familia por participar!



martes, 20 de abril de 2021

MATEO E O CONTO A BUSCA DO TESOURO

 Mateo decidiu facer como a Mona Relinda e saíu na procura do tesouro no seu barco pirata co seu mapa e os prismáticos. E indo tan preparado, como non o ía atopar? 

Moitas grazas a Mateo e a súa familia por participar!


Tamén trouxo o conto para compartilo coa clase. Moitas grazas, Mateo, encantounos!