Benvidos á receita de Alba! A avoa Luisa de Sisán fai un polbo á feira requetesaboroso. Non perdades detalle da receita para que vos saia así de rico.
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 7 de febreiro de 2019
A RECEITA DE ELISA
Benvidos ás receitas de Elisa! Elisa mandounos as receitas do boi de mar, as navallas e as ameixas, que cociñou coa súa nai. Non perdades detalle de como preparar estes pratos de marisco saboroso.
Elisa probou todo o que cociñou con mamá e todo lle gustou. Tamén nos contou que comeu acedía, que xa a probara e que cociña a súa nai requetebén.
A RECEITA DE LOIS
Benvidos á receita de Lois! Mirade que fideuá de berberechos cociñou a nai de Lois e que receita tan ben explicada para todos os que queirades preparala.
Lois probou por primeira vez a fideuá con berberechos que fixo a súa nai polo Nadal e gustoulle moito. Sen esquecerse dos ovos recheos, que xa os probara e seguen encantándolle. A avoa de Lois, que tamén é unha cociñeira de dez, fixo camaróns e bacallau ao forno, que Lois xa probara e lle gustaban. O pastel de surimi non quixo probalo e os langostinos ao forno non lle gustaron. Pero os arroaces de seguro que están ben contentos con el!
![]() |
| Ovos recheos |
![]() |
| Pastel de surimi |
![]() |
| Camaróns |
![]() |
| Langostinos ao forno |
![]() |
| Bacallau ao forno |
![]() |
| Lois comendo bacallau ao forno |
![]() |
| Lois comendo bacallau ao forno |
![]() |
| Ameixas á mariñeira |
![]() |
| Lois probando as anchoas |
![]() |
| Lois probando as anchoas |
A RECEITA DE VÍCTOR
A RECEITA DE DIEGO
Benvidos á receita de Diego! Preparádevos para aprender a facer unhas navallas á plancha riquísimas coa receita da avoa Carmen!
Diego ten a sorte de ter dúas avoas cociñeiras de primeira. A avoa Mercedes cociñou centolo e cigalas, Diego animouse a probalas por primeira vez e...gustáronlle! O boi xa o tiña probado e tamén lle gustaba. A avoa Carmen preparou os langostinos que lle gustan a Diego e fixo vieiras e mexillóns á vinagreta que non lle chistaron moito. Pero Diego é un arroaz de primeira e de seguro que a próxima vez se anima a probalos.
![]() |
| Centolo |
![]() |
| Centolo |
![]() |
| Diego probando o centolo |
![]() |
| Diego probando o centolo |
![]() |
| Cigalas |
![]() |
| Mexillóns á vinagreta |
![]() |
| Langostinos |
![]() |
| Vieiras |
![]() |
| Canto marisco! |
A RECEITA DE CARLA
A RECEITA DE MANUEL
Benvidos á receita de Manuel! Das ameixas á mariñeira que preparou a súa nai Rocío non quedou nadiña. Apuntade a receita porque están ben saborosas.
No Nadal Manuel probou por primeira vez as ameixas e os camaróns e encantáronlle! O polbo que cociñou a avoa xa o probara e xa sabía o bo que estaba. O bacallau á galega que fixo mamá non lle gustou moito pero Manuel vai camiño de ser un gran arroaz.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





























