Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 7 de febreiro de 2019

A RECEITA DE LÍA

Benvidos á receita de Lía! Se queredes aprender a cociñar unhas vieiras ao forno ben boas, tomade nota da receita da súa avoa Dina.

Ademais, Lía probou no Nadal rape, ameixas e linguado que tamén preparou a avoa Dina e unhas sardiñas que fixo o seu pai. E como unha arroaz de primeira que é, gustoulle todo moitísimo!

A RECEITA DE LEO

Benvidos á receita de Leo! Coa receita de rape con ameixas que preparou o seu amigo Pablo aprenderedes a facer un prato ben saboroso.


A RECEITA DE MARTA

Benvidos á receita de Marta! Aquí aprenderedes como facer unhas vieiras ao forno ben boas! A tía Ángela é unha cociñeira de primeira.




E COAS RECEITAS, CHEGARON OS TESOUROS DO MAR


luns, 4 de febreiro de 2019

LUNS DE XUNTANZA: OS ELECTRECOS, PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA E SAÚDE DENTAL



Pois comezamos a semana xuntándonos na Escola de Sisán para aprender a coidar o medioambiente cos Bolechas e o seu programa: Os Electrecos.








Despois puxémoslle as pilas aos nosos bocatas con peixe san e saboroso.





E rematamos a xornada aprendendo a coidar os nosos dentes.








" Lava os dentes sen parar!
Auga, pasta e moito cepillar!
Chas, chas, chas,
chas, chas, chas."

Saímos na prensa! Picade nas imaxes para ler a noticia completa







domingo, 3 de febreiro de 2019

VENRES DE XOGOS E AS CARTAS DO MAGO

Un dos xogos que probamos a pasada semana foi o de adiviñar con mímica. Gustounos moito pero que difícil!



E esta semana xogamos coas cartas do mago: coñecemos os diferentes paus, fixemos escaleiras e nos atrevimos con algún truco de maxia que nos enseñou a profe Olalla! Aprendices de magos en acción!




Elisa facendo o truco de cambiar o dedo estirado dunha
man á outra.