Por fin rematamos o noso conto de Entroido, personaxes-títere incluídos. Por votación popular puxémoslle o título: O terror das princesas. E hoxe volo traemos ao blog en primicia. Estades preparados para pasar medo??
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
mércores, 25 de febreiro de 2015
martes, 24 de febreiro de 2015
24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
Hoxe, 24 de febreiro, conmemórase o 178 aniversario do nacemento da grandísima escritora galega Rosalía de Castro. Nós quixemos celebralo na biblioteca cun recuncho adicado á súa obra e lembrando un anaquiño dun poema de Rosalía que moito nos gusta e que aparece cantado no disco Pan de Millo, de Migallas. Os mouchos convertíronse nun xogo para procurar as parellas (temos vinte diferentes!) Tamén limos na prensa que GOOGLE adica o seu doodle de hoxe a homenaxear a Rosalía e axiña o procuramos no ordenador.
![]() |
| Emparella os mouchos! Hai 20 diferentes! |
sábado, 21 de febreiro de 2015
FESTA DE ENTROIDO 2015
Este ano adicamos o Entroido no noso cole a Australia, aproveitando que Félix anda explorando aquelas terras lonxanas. O tempo non acompañou pero descubrimos onde queda a escola de Lois e o local social que queda xusto detrás serviunos para bailar, xogar e disfrutar do día de festa.
E saímos na Voz de Galicia, neste enlace, xunto con nenos e nenas doutros coles da comarca. Mirade que guapos!!
![]() |
| Aborixes australianos |
![]() |
| Emús |
![]() |
| Canguros |
![]() |
| Koalas |
xoves, 12 de febreiro de 2015
A CAIXA DE BICOS... DE ENTROIDO
Na guía de contos de bicos viña un que nos gustou moito cheo de poemiñas moi divertidos que falan de bicos. Besos, da Editorial Pintar Pintar, tróuxonos bicos de bruxa, bicos de lebre e bicos de Entroido!! Que ben nos veu hoxe cando repartimos por fin os bicos, reunidos diante dunha mesa grande. Un bico para ti, outro para ti... conseguimos encher a nosa caixa de bicos de sabores. Bicos que levamos para casa e cada vez que abramos a nosa caixiña, lembraremos o bico de Uriel, que sabe a "menta", o bico de Lara, que sabe a "fresa", o bico de Nerea, que sabe a "cocacola", o bico de Rodrigo, que sabe a "limón", o bico de Toni, que sabe a "piña", o bico de Oliver, que sabe a "lechuga", o bico de Gabriel, que sabe a "plátano", o bico de Adrián, que sabe a "uva", o bico de Iria, que sabe a "manzana", o bico de Diana, que sabe a "mandarina, o bico de Lucía, que sabe a "melocotón", o bico de Hugo, que sabe a "verdura" e o bico de Wences, que sabe a "chocolate". Bicos que traen lembranzas do cole e dos nosos amiguiños e amiguiñas cos que tan bos momentos pasamos.
Fotos do proceso de elaboración da caixa e cada un co seu biquiño.
mércores, 11 de febreiro de 2015
martes, 10 de febreiro de 2015
KANGU VA DE EXCURSIÓN
Cando un vai de excursión élle moi útil facer unha listaxe con todo o que vai necesitar e así non esquecer nada. Kangu vai ir de excursión e nós fomos os encargados de axudarlle a apuntar todo o que ten que levar no marsupio.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
































