Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 9 de febreiro de 2015

MECO DÍA 1: CHEGAMOS CON ALGO NA CABEZA...MARCHAMOS ENMASCARADOS...



Os antifaces fixémolos a partir da plantilla que aparece neste blog. Se queredes podedes imprimilo outra vez na casa e facelo para toda a familia! 


sábado, 7 de febreiro de 2015

CONTO DE ENTROIDO


Coa chegada do Entroido, e co moito que nos gustan os disfraces, cando chegan ao cole os catálogos deste tempo andamos coma tolos elixindo o disfrace que máis nos gusta. Este ano, despois de elixir o noso disfrace favorito e facer a montaxe coas nosas fotos xuntámonos con 13 personaxes fantásticos: princesas, vampiros, superheroes, dragonciños, xoaniñas, policías... Aquelo parecía un conto! Só faltaba contalo! E axiña puxemos o maxín a traballar... A profe ía apuntando todo o que acontecía na historia e despois repartimos a historia en varias escenas, que fomos coloreando entre todos os autores e autoras. Cando o teñamos completo... xa volo contamos!



venres, 6 de febreiro de 2015

QUÉROTE MÁIS QUE A TORTILLA DE PATACAS CON XAMÓN...O SONORO MAXÍN

E mira que está saborosa a tortilla de patacas con xamón!! Pois aínda máis nos queremos no cole!
É o que ten andar con bicos, contos de bicos, caixas cheas de bicos... O amor está no ar!


Canto nos gusta esta canción! Se vos apetece escoitar esta e outras cancións do grupo O SONORO MAXÍN, picade na páxina do seu blog, onde poderedes mesmo descargalas e así escoitalas onde e cando queirades.

O MECO MANDA!

A vindeira semana entramos de cheo nas celebracións do Entroido e como cada ano...o Meco manda!
Atendede ben aos mandados!



mércores, 4 de febreiro de 2015

AS NOVAS MOEDAS DE FELIPE VI

Pola prensa soubemos que a partir deste luns podemos atopar as novas moedas de 1 e 2 euros coa imaxe de Felipe VI na rúa. Pero non tiradas, eh? Non vaiades pensar! (Aínda que algunha vez teñamos atopado algunha moeda no chan...) Pode que no cambio do súper, na perruquería, na tenda, na carteira de mamá... A profe mirou na súa pero todas as que tiña eran de Xoán Carlos I. Quedamos en que imos andar atentos por se atopamos algunha das novas para traela e mirala todos no cole. Aproveitamos para mirar as diferenzas entre as moedas de 1 e 2 euros: cal é máis grande e cal máis pequena, as cores do borde e do centro...


martes, 3 de febreiro de 2015

UN CANGURO POR NAVIDAD

Hoxe na biblioteca descubrimos que agasallo lle mandou o tío Dingo a Catalina polo Nadal: unha canguro que se convertiu na súa mellor amiga e á que chama Adelaida. Un conto divertidísimo co que disfrutamos das aventuras destas dúas amigas que van visitar a avoa de Catalina. Picade aquí para ler a reseña completa.