Hoxe celebramos a festa do Samaín e o magosto en Leiro con música, bailes e contos. Acompañáronosnos a banda de música que nos descubriu os segredos da familia de vento-metal, a bruxa Ermelinda e Martiña Soñadora. Moitas grazas ás familias pola merendola e a vosa participación! Moitas grazas tamén á ANPA pola decoración, asar as castañas e convidarnos ao contacontos de Martiña soñadora. E moitas grazas á profe Montse e á profe Olalla por convidar a bruxa Ermelinda e polo baile!
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 30 de outubro de 2025
luns, 27 de outubro de 2025
ARAÑAS COMECASTAÑAS
Coa axuda da profe Olalla fixemos unhas arañas comecastañas para o día do magosto. Quedaron terroríficas!
QUE HAI DENTRO DUNHA CABAZA?
Aproveitando que os nenos e nenas da clase do lado andaban a experimentar coas cabazas, nós tamén nos puxemos a indagar que habería dentro das nosas...
sábado, 25 de outubro de 2025
VASOIRAS DE BRUXA
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer vasoiras de bruxas. Moitas grazas a todas por participar!
![]() |
| Lucía e as súas vasoiras de bruxa |
![]() |
| A merendar! |
![]() |
| Eric e as súas vasoiras da bruxa |
![]() |
| Carmen preparando as vasoiras de bruxa |
![]() |
| Lista para merendar! |
![]() |
| Dani e as súas vasoiras de bruxa |
![]() |
| Elia e as súas vasoiras de bruxa |
venres, 24 de outubro de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2025: Contra a desinfomación: Bibliotecas
mércores, 22 de outubro de 2025
NOMES E PANTASMAS
Coas castañas que trouxeron as familias e uns anacos de plástico reciclado fixemos unha pantasma de Samaín e escribimos os nosos nomes. Que meeeeedooooooo!!!!
luns, 20 de outubro de 2025
EL POLLO PEPE
BODEGÓN DE CABAZAS E CAQUI
Outro tesouro de outono que trouxeron as familias foron unha chea de cabazas de diferentes tamaños, cores e formas. E no medio delas, coouse un intruso: o caqui. Hoxe debuxámolas, intruso incluído.
venres, 17 de outubro de 2025
PIZZA ARAÑEIRA
A proposta para o obradoiro en familia desta fin de semana era facer unha pizza arañeira. Moitas grazas a todas por participar!
![]() |
| Lucía preparando a súa pizza arañeira: primeiro a salsa de tomate... |
![]() |
| ...un chisco de ourego, colocamos a arañeira de queixo e ao forno! |
![]() |
| Poñemos a araña de oliva negra e lista. |
![]() |
| Lucía preparada para cear a súa pizza arañeira. Bo proveito! |
![]() |
| Eric preparado para cear a súa pizza arañeira |
![]() |
| Lara e a súa pizza arañeira chea de arañas!! |
![]() |
| Alexia preparando a súa pizza arañeira |
![]() |
| Dani e a súa pizza arañeira |
![]() |
| Elia preparando a súa pizza arañeira |
![]() |
| Que boa pinta a pizza arañeira de Elia! |
xoves, 16 de outubro de 2025
MILLO
A avoa de Rodrigo tróuxonos unha bolsa chea de espigas de millo. Primeiro esfollámolas e descubrimos que eran de cores diferentes! E despois pasamos un bo rato debullándoas ata que quedou o carozo sen un gran. Canto traballiño pasamos! Algún pensaba que non ía ser quen de facelo pero cun pouco de axuda conseguímolo! Non sabedes que concentrados e con que ganas o fixemos. Moitas grazas, Nieves!
CONSTRUCIÓNS DE CORES
Os nosos nomes, paisaxes, unha casa con balcón, bolboretas, un camiño, o fume da cheminea, unha árbore...


















































