O 21 de marzo celébrase o Día Internacional da Síndrome de Down. E para darlle visibilidade e concienciar a sociedade, participamos na proposta de Chloe Lennon de levar calcetíns desparellos ese día. No cole vimos uns vídeos de Down Galicia que nos axudaron a achegarnos de forma sinxela a esta síndrome. E tamén contamos o conto dos Bolechas: Xela celebra o seu aniversario. Un conto sobre a amizade sen barreiras e a Síndrome de Down.
E despois de ver este último vídeo, descalzámonos e fixemos o noso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario