Imaxe: Ricardo Liniers Siri

xoves, 12 de maio de 2022

O MEU COLE POR FÓRA

 Hoxe fixemos unha sesión fóra. Cadaquén elixiu un lugar que lle gustase do patio para situarse. E comezamos a debuxar o que viamos. Houbo quen foi cambiando de ubicación, quen se separou do grupo, quen comezou só e despois buscou compañía... Comentamos o que debuxamos co do lado, miramos que debuxaron os demais, coloreamos... Que rato máis agradable e máis tranquilo pasamos! Deunos a hora de recoller e non queriamos entrar!


























Ningún comentario:

Publicar un comentario