Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 18 de outubro de 2019

CASTAÑAS ASADAS, QUE RICAS ESTÁN



Así di unha canción que sabemos e hoxe...sorpresa! Á hora da merenda apareceron castañas asadas na mochila de Leo para compartir. Quen se animou, entretívose pelando nelas e probándoas. Moitas grazas a Leo e á súa familia!




Leo contounos que as asaron no forno da súa avoa e falamos das castañeiras e castañeiros que no outono asan castañas na rúa. Se vos coincide ver algunha cando vaiades de paseo cos vosos fillos e fillas, achegádevos para que A vexan. De seguro que lles vai encantar!

O Príncipe das castañas de Pontevedra







Ningún comentario:

Publicar un comentario