Lembrades que cando fomos á granxa escola trouxemos unha leituguiña? Pois Eric quixo compartir con nós o ben que a coida no invernadoiro dos avós. Seguro que vai medrar moito e poderedes facer unha saborosa ensalada para compartir en familia! Moitas grazas polas fotos!

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
domingo, 27 de abril de 2025
FLORES DE PRIMAVERA
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer flores de primavera con diferentes froitas. Moitas grazas a todas por participar! Canta creatividade!
![]() |
Eric facendo as súas flores |
![]() |
Flores listas! |
![]() |
O xardín de Eric |
![]() |
Carmen facendo as súas flores |
![]() |
O xardín de Carmen |
![]() |
Lara e a súa flor de primavera |
venres, 25 de abril de 2025
OS VERMES DE SEDA DE CARMEN
Carmen e a súa familia trouxeron unha caixa con vermes de seda para telos no cole! Temos que darlles follas de moreira para que medren e poidan facer o casulo antes de converterse en bolboretas. Non sabedes que famentas están! Parecen a eiruga larpeira do conto!
Moitas grazas a Carmen e a súa familia! Imos aprender moito!
xoves, 24 de abril de 2025
mércores, 23 de abril de 2025
DÍA DO LIBRO
Hoxe recibimos un agasallo en forma de libro para cada un da man da ANPA do CRA de Ribadumia. E tamén varios libros que pasarán a formar parte da biblioteca do CRA. Moitas grazas polo voso agarimo e por contribuír a que os máis pequenos se acheguen aos libros. Felices lecturas en familia!
COMEFROITAS DO MES DE ABRIL
domingo, 20 de abril de 2025
COELLIÑO DE PASCUA
xoves, 10 de abril de 2025
IMOS Á GRANXA ESCOLA!
Chegou o día de ir á granxa escola Río Mouro! Deixámosvos as fotos de todo o que aconteceu ao longo da xornada e do ben que o pasamos.
OVOS DE OCA, GALIÑA E PASPALLÁS
Pablo e Eloy trouxéronnos ovos de diferentes tamaños para que vísemos a diferenza. Mirámolos por fóra, collémolos ao peso e abrímolos para ver que tiñan dentro. Había que comprobar se tiñan pitiño ou non! Moitas grazas á familia de Pablo e Eloy!
martes, 8 de abril de 2025
CHIBOS CHIBÓNS