Aló polo mes de marzo celebramos o Día da Muller facéndolles unha entrevistas ás nosas avoas para coñecelas un pouco mellor: cal é a súa cor favorita? A que lugar lle gustaría viaxar? Unha canción que lle guste, Cal era o seu conto favorito de pequena?, E a súa comida favorita? Se fose un animal, cal sería?, Que é o que máis lle gusta facer? Que programa da tele lle gusta máis?
Aquelas entrevistas convertímolas nun libro que mañá levaremos para agasallar ás nosas avoas. Rosa, Nieves, Carmen, Lola, Mari, Ana, Mariña, Delia, Marina, Lourdes, Lola, Victoria, Lola, esperamos que vos guste!