Hai uns días limos a noticia de que as cegoñas están aniñando na zona de Ourense. E lendo o libro que nos emprestou Zapatocas da biblioteca, soubemos que o nome do son tan característico que fan as cegoñas é CROTOREO. Hai xente que di que é molesto. Rafael Alberti, o grande poeta, escribiu a Nana de la cigüeña. Hoxe escoitamos o poema musicado polo grupo El Tenderete e probamos a durmir os nosos bebés. Quedaron durmidiños nos nosos coliños escoitándoa... "Que no me digan a mí, que el canto de la cigüeña no es bueno para dormir..."
Aroa lembrou o canto de berce que a súa nai lle cantaba cando era pequeniña. Que ben nolo cantou!
Ningún comentario:
Publicar un comentario