
Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 31 de xaneiro de 2023
PAZ
sábado, 28 de xaneiro de 2023
ÓSOS PREHISTÓRICOS
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer ósos prehistóricos. Serán de mamut lanudo, serán de oso cavernario? Os primeiros que chegaron foron os de Alma e a súa familia. Moitas grazas a todas por participar!
![]() |
Alma e os seus ósos prehistóricos |
![]() |
Un dinosauro preparado para comer a merenda prehistórica de Aroa |
![]() |
Aroa e a súa merenda prehistórica |
![]() |
Os ósos prehistóricos de Adán |
![]() |
Adán e os seus ósos. Serán de mamut? |
![]() |
Sofía cociñando |
![]() |
Os ósos prehistóricos de Sofía |
![]() |
Ósos de todos os tamaños |
xoves, 26 de xaneiro de 2023
PREPARANDO O NOSO CONTO DE ENTROIDO
Como cada vez que se achega o Entroido, puxemos a imaxinación a funcionar e convertidos en personaxes da Prehistoria, inventamos un conto cheo de aventuras. Agora estamos coloreando as ilustracións. Logo buscaremos un título e darémoslle formato de libro. Xa queda pouco para a presentación!
CUMPLE DE NICOLÁS
No mes de xaneiro, Nicolás fixo un ano máis e nós quixemos acompañalo nas súas 5 voltas ao redor do sol. Parabéns, Nico! Canto medraches!
domingo, 22 de xaneiro de 2023
MANS PREHISTÓRICAS
![]() |
Cova das mans. Arxentina. |
A proposta do obradoiro de cociña en familia para esta fin de semana era facer...Mans prehistóricas! As primeiras en chegar foron as de Alma e a súa familia. Moitas grazas por participar! Quedaron espectaculares!
![]() |
Alma e as súas mans prehistóricas |
![]() |
Adán e a súa man prehistórica |
![]() |
A man prehistórica de Adán |
![]() |
Sofía e as súas mans prehistóricas |
COMEFROITAS XANEIRO
Alma e Manu veñen de acadar as súas coroas de Raíña e Rei Comefroitas do mes de xaneiro. Parabéns!
venres, 20 de xaneiro de 2023
mércores, 18 de xaneiro de 2023
domingo, 15 de xaneiro de 2023
COCIÑANDO MAMUTS
venres, 13 de xaneiro de 2023
mércores, 11 de xaneiro de 2023
martes, 10 de xaneiro de 2023
PREHISTORIA NA BIBLIOTECA
Na biblioteca de Leiro, Zapatocas recibiunos con novas lecturas relacionadas coa PREHISTORIA. A cova de Nico foi o conto que eliximos para ler hoxe. Sabíades que daquela vivían en covas?
luns, 9 de xaneiro de 2023
FELIZ 2023!