Buscamos Andalucía no mapa de España e contamos as provincias: 8. Unha delas, Sevilla, soábanos de algo... Onde naceu Velázquez! Así que era andaluz! Comparamos con Galicia, onde vivimos nós, que é unha Comunidade máis pequena con 4 provincias, a metade que Andalucía. Galicia está no norte de España e Andalucía no sur. E máis cousiñas que imos ir aprendendo...

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 29 de setembro de 2015
xoves, 24 de setembro de 2015
BRUXAS E MÁIS BRUXAS... LA BRUJA MARUJA
Hoxe coñecimos a historia da bruxa Maruxa, que quixo facer unha poción para que a súa vasoira fose máis lixeira e acabou cun chichón e a vasoira queimada. Que credes que pasou ao final? Pois que trocou a vasoira por unha aspiradora! Ti si que es unha bruxa moderna, Maruxa!
E nós non quedamos atrás! Cada un pensou nos ingredientes que lle ía botar ao caldeiro para facer a súa poción. Hainas para todos os gustos: se queredes ser os máis rápidos, probade a poción de Hugo, feitas con plumas de correcaminos. E se queredes bailar ballet, non dubidedes en probar a de Lucía, feita cun par de zapatillas de ballet vellas, un tutú vello, un maillot vello...(quedou claro que todo vello?;) Se preferides convertiros en Spiderman, probade as pocións de Uriel e Oliver, cunha chea de arañas negras. Se queredes convertir un bebé "malo" en sapo, tedes a de Rodrigo. E se queredes NON convertirvos en sapo, tede a man a de Diana.
CHEGOU O OUTONO
E nós aprendimos un poema de Federico García Lorca, un dos poetas andaluces máis famosos. Cantas cores de outono! A paisaxe comeza a mudar, as folliñas a caer, vai chegando o frío... Estamos no outono!!
martes, 22 de setembro de 2015
QUEREDES SABER UN SEGREDO?
Shhhhh, ímosvos descubrir un dos segredos mellor gardados: como se fixo Zapatocas! Temos un amigo que se chama Martín e que é un artista. Pois enterouse de que a nosa mascota da biblioteca só existía en papel e púxose mans á obra para que á volta das vacacións de verán e co inicio dun novo curso tivésemos un Zapatocas ao que apertar, bicar, tocar, coller no colo, coidar... Fíxoo con moito coidadiño e moito agarimo e así, grazas a Martín, o boneco Zapatocas pasa a ser un amigo máis do noso cole. Benvido Zapatocas!!
ZAPATOCAS EN ANDALUCÍA
martes, 15 de setembro de 2015
PERÍODO DE ADAPTACIÓN: BENVIDOS Á ESCOLA
Ao longo desta semana os nenos e nenas de 3 anos estanse incorporando en horario reducido á escola. Xa nos coñecemos e estamos comezando a facer amigos e amigas, aprendendo como funciona a escola, onde está cada cousa... Os maiores de catro e cinco anos axudan aos máis pequenos a sentirse cada día máis a gusto. Benvidos á escola!
xoves, 3 de setembro de 2015
VOLTA AO COLE
O día 10 de Setembro comeza o novo curso escolar
2015/ 2016 para os vosos fillos e fillas.
Ese día ás 10 da mañá realizaremos
unha REUNIÓN para as familias e o
alumnado na
Escola de Ribadumia, baseada no proxecto "O
primeiro día de escola: Mellor en familia".
Falaremos de moitos temas de interese: horarios,
organización, actividades... Non faltedes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)