Premede na imaxe para ir á galería de fotos.

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
domingo, 24 de decembro de 2023
xoves, 21 de decembro de 2023
FESTIVAL DE NADAL
Hoxe celebramos o festival de Nadal no Auditorio de Ribadumia. Moitísimas grazas á ANPA por facer todo máis bonito con tanto agarimo, ás familias de 3 anos pola merenda e a todas as familias que viñeron ver as actuacións e compartir con nós esta festa. Que teñades unhas moi felices festas e un bo ano 2024! Vémonos á volta, o 8 de xaneiro!
mércores, 20 de decembro de 2023
martes, 19 de decembro de 2023
A ELFA FILOMENA E OS OBRADOIROS DE NADAL
Postais de Nadal para as persoas que viven na residencia de maiores, adobíos para a árbore de Nadal (que podemos pintar na casa) e un centro con elementos naturais para poñer na mesa estas festas. Canto traballo, Filomena!
PABLO FAI 4
O noso amigo Pablo vai estar de aniversario a vindeira fin de semana e como non imos poder felicitalo porque estaremos de vacacións, quixemos acompañalo nas súas 4 voltas ao redor do sol. Parabéns, Pablo! Canto medraches!
VALERIA FAI 5
A nosa amiga Valeria estivo de aniversario a fin de semana pasada e no cole quixemos acompañala nas súas cinco voltas ao redor do sol. Parabéns, Valeria! Canto medraches!