Imaxe: Ricardo Liniers Siri

sábado, 11 de febreiro de 2023

POR SAN BRAIS, A CEGOÑA VERÁS

 O refraneiro popular, cheo de sabiduría, sinala que por estas datas as cegoñas buscan un lugar para facer o seu niño. Na edición dixital do xornal La Voz de Galicia, vimos que a zona de Galicia que prefiren para aniñar é Ourense. Aproveitamos para ver varios vídeos nos que puidemos observar como as cegoñas preparan o niño, que é o crotoreo, como coidan da súa familia e o problema dos plásticos

Sabedes como se chama a rama da zooloxía que estuda as aves? ORNITOLOXÍA. E para celebrar o Día da muller e a nena na ciencia, coñecimos o labor que fan as científicas que se dedican a estudar e coidar as aves e ao mesmo tempo o medio ambiente.


Se queredes saber máis sobre as cegoñas, podedes consultar o libro que temos na biblioteca. Nós xa o fixemos!





Ningún comentario:

Publicar un comentario