Hai uns días chegounos a noticia de que o deseño de Aroa quedara entre os 80 finalistas do Concurso Deseña unha xoia para a túa nai, organizado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. Hoxe foi a festa coa entrega de diplomas e agasallos. Moitos parabéns, Aroa! Alegrámonos moito de que desfrutaras desta xornada en familia!

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
domingo, 28 de abril de 2024
FLORES DE PRIMAVERA
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer flores de primavera. As primeiras en chegar foron as de Adán, nunha paisaxe florida e fermosa. Moitas grazas a todas por participar!
JUANITA E PINGÜÍN
O pasado 18 de abril Juanita veu visitarnos e
cando chegou á nosa aula...Oh! Sorpresa! A escola estaba pechada! Preguntando
por aí dixéronlle que foramos a Pontevedra a ver Pingüín. Entón decidiu
agardarnos e mentres buscar na nosa biblioteca información sobre pingüíns.
Cando chegamos á clase ao día seguinte, atopamos a Juanita co libro Inventario
Ilustrado dos mares e un marcapáxinas cunha palabra e un debuxo no lugar onde
aparecían os pingüíns.
Saudamos a Juanita cunha chea de apertas e
miramos na bolsiña as normas para xogar a pensar con ela. Estaba moi interesada
en que lle contáramos onde fóramos o día anterior.
Pr: Que aparece neste marcapáxinas que nos
deixou Juanita?
Ad: El huevo con manchas.
Pr: Que era o ovo con manchas?
M: Manchitas
L: Manchitas!
Pr: E quen era Manchitas?
M: El hermanito de Pingüi
Pr: Juanita, imos contarche onde fomos onte
M: A ver. Fomos a ver a Pingüi
Pr: Como fomos?
M: En autobús. El autobús era azul y amarillo.
Y nos recogió en Leiro
L: Y después fuimos al parque
M: Y hay que llegar rápido para que el
autobús...
Pr: E como temos que ir no autobús?
Ad: Abrocharse!
Pr: Que abrochamos?
Todos: El cinturón!
Pr: E onde nos levou o autobús?
Varios dubidan: Pontevedra
M: Ao teatro
Pr: E ao chegar ao teatro que fixemos?
M: Había que estar sentados, abrir las orejas
atentas.
Al: Callados
M: La chica dijo que los móviles apagados. Las luces molestan.
Pr: Eu vin outras luces que molestaban.
Ad: As do sol
N: las de la luna
Varios: dos zapatos!
Pr: Os tenis que teñen luces, si. Molestan
porque para acendelos temos que estar petando no chan e iso fai ruído. E
despois as luces molestan cando están contando a historia coa luz apagada.
Pr: Como se chamaba o pingüín?
N: Bobo
Pr: Con quen vivía Bobo?
M: Con papá y con mamá
Por: E con quen xogaba moito?
N: Cucurucho
Ad: Y lo pilló por la espalda
M: Y él le dijo: No se puede pillar por la
espalda!
Ad: Pues yo si te pillo por la espalda tienes
que decir que sí
M: Uno decía: Ya no juego
Ad: Y el otro dijo: Ya no juego
L: No juego!
M: Y cuando llegó el hermanito de la luna, que
ya cayó de la luna y ya tenía a Manchitas
N: Cómo que cayó de la luna?
Pr: Que traballos facían mamá e papá?
M: pescar, hacer una tarta de pulpo y de
atún...
Pr: E un día dixéronlle: Bobo, temos unha
sorpresa!
M: Sí, que llegó el hermanito de la luna!
N: De la luna?
Pr: Dixeron que cando pasara o tempo e viñera
a lúa chea, chegaría o irmanciño. E cando lle amosaron o irmanciño, como era?
Ad: Gris
M: Era un huevo!
Pr: A Bobo gustoulle o irmanciño?
Varios: No!!!
M: No, porque no podía jugar con él
Pr: Que pasou un día que Bobo tiña que coidar
o irmanciño mentres mamá e papá ían pescar?
N: Pasó Cucurucho
M: Cucurucho pensaba que era una pelota y la
lanzó para allí todo lejos y luego desapareció
N: Tuvo que buscarlo la mamá
M: Pero el papá le dijo que casi se mezclaba
con la hierba. Y podría romper como los huevos de la gallina que si los petas
fuerte rompen.
Pr: Que lle pasou a Bobo cando lle dixeron
iso?
M: Quiso irse de casa
Ad: Y se marchó
M: porque pensó que no lo querían. Se fue al
Polo Norte.
Pr: Quen apareceu cando quería marchar?
M: su amiga
Ad: La foca
Pr: E que falaron?
M: quería jugar pero Bobo quería marchar al
Polo Norte. Muy lejos. Y ella se lo iba a decir a su mamá. Pero él le dijo que
no le importa. Y se metió en el agua. Y apareció un tiburón como en mi libreta.
L: Y había una ballena.
M: Lo quería rescatar para ir al Polo Norte y
le dijo que también va. Y se subió a la espalda.
Pr: E cando chegaron ao Polo Norte, que fixo
Bobo?
M: Buscaba a otros pingüínos pero solo estaba
Papá Noel.
Ad: No
M: No, la niña
Ad: Le dijo que no había pingüinos
M: Bobo le dijo que su familia no le quería y
que tenía un hermanito
N: ella tenía siete hermanos.
Pr: Que lle dixo a nena?
Varios: que volvera á súa casa
Pr: Bobo non quería facerlle caso pero
preguntounos a nós que debía facer. E que lle dixemos?
M: Yo le dije que no
L: Sííí
Pr: E que fixo Bobo?
Varios: Volver!
M: Y nadó y le apareció otra vez el tiburón,
el tiburón, el tiburón...
L: Y llegó al Polo Sur, de abajo!
Pr: E quen estaba agardando por el?
M: Su papá y su mamá.
L: No me comas, tiburón!
Pr: E que descubriu Bobo?
M: Que naciera el hermanito
Pr: E como se chamaba?
M: Tutifruti! Manchitas
N: Bubu
Pr: Gustouvos a obra de teatro?
Varios: Muchooooo
N: A mí me flipó
Rematamos a sesión coa avaliación e dándolle a
Juanita as grazas por visitarnos. Ata pronto, Juanita!
venres, 26 de abril de 2024
martes, 23 de abril de 2024
CALENDARIO DE ARTE DE LIDIA CAO
![]() |
Hic svunt dracones/ ¡Se busca! Lily la liebre ladrona de libros |
![]() |
Construír/ Os tres porquiños |
FELIZ DÍA DO LIBRO 2024!
Moitas grazas á ANPA do CRA de Ribadumia polos contos que nos agasallaron para a nosa biblioteca e polos que levamos para á casa. Encantáronnos!
E que mellor maneira que celebrar o Día do Libro que lendo! Un dos contos que tiña preparados Zapatocas era Ler senta ben, de Todd Parr. E outro que tamén limos foi a historia de Caracol e Vermiño. Queredes coñecela vós tamén?
domingo, 21 de abril de 2024
CAMELIAS SABOROSAS
sábado, 20 de abril de 2024
OS CORAZÓNS DE VALERIA
Valeria chegou o venres cargada de corazóns que fixo na casa para repartir. Cada un personalizado cun debuxo e o nome da persoa destinataria. Moitas grazas a Valeria e á súa familia. Encantáronnos!
CAMELIAS
A camelia do noso patio está cargada de flores. Coas que van caendo xogamos fóra: cociñámolas, adornamos pasteis, lanzamos os pétalos ao aire... O venres recollimos algunhas e levámolas para dentro a ver que se nos ocurría facer con elas.
O martes pasado, Zapatocas, que sabe que no patio da nosa escola temos unha camelia preciosa chea de flores, tíñanos preparado o conto: A fada das camelias.
No conto coñecimos a lenda das fadas que coidan as camelias. Sabíades que cada cor relaciónase con algo diferente?Amor, música, imaxinación... Cal é a vosa favorita?
xoves, 18 de abril de 2024
PINGÜÍN
Hoxe fomos ata Pontevedra a ver a obra de teatro Pingüín no Auditorio de Abanca. Bobo vai ter un irmán. Aínda que ao principio cústalle aceptalo, ao final comprenderá que gañou un amigo para toda a vida.
E despois do teatro, merendamos e xogamos no parque antes de regresar ao cole. Que ben o pasamos!