Picade na imaxe para ampliar a información sobre:
- Reunión informativa: O primeiro día, mellor en familia.
- Período de Adaptación: horario e distribución do alumnado de 3 anos.
- Libro de inglés.
Picade na imaxe para ampliar a información sobre:
- Reunión informativa: O primeiro día, mellor en familia.
- Período de Adaptación: horario e distribución do alumnado de 3 anos.
- Libro de inglés.
Hoxe celebramos a festa de fin de curso na Escola de Sisán. Moitas grazas á ANPA pola obra de teatro pirata, os xogos e as sorpresas, á profe Olalla pola actuación pirata e a Brais das Hortas polo concerto. Esperamos que o pasárades moi ben. Que teñades un feliz verán. Vémonos en setembro!
Queridos Rodrigo, Valeria e Nicolás... Hoxe rematades a vosa etapa de Infantil e comezades o camiño a Primaria! Ímosvos botar moito de menos o ano que vén. Aquí teredes sempre a vosa escoliña. Non deixedes de vir de visita e contarnos as vosas aventuras. Estaremos desexando saber de vós. Querémosvos moitísimo! Feliz verán!
Mañá celebraremos a festa de fin de curso en Sisán así que hoxe tocou despedirnos da Escola de Ribadumia. Démoslle a benvida ao verán facendo pulseiras e debuxos que colgamos na árbore do patio. Voltamos en setembro!
Deixámosvos o xogo que fixemos cos murais de Lidia Cao e os contos que os acompañaban. A ver se os acertades todos! Picade na imaxe para abrir o Genially. Lembrade pasar a páxina, que hai doce!
Ao longo do curso fomos gardando en boliñas o papel de aluminio das merendas. Hoxe contámolas e fixemos unha eiruga looooooonguísima con todas elas. Sabedes cantas había? 36!
Hoxe Manu acadou a súa coroa de Rei Comefroitas do mes de xuño e Adán amosounos como facer uns pendentes de cereixas.
Un dos contos cos que nos agasallou a ANPA o Día do Libro foi Gruñón, a historia dun chimpancé pequerrecho que un bo día érguese un pouco gruñón e todo lle parece mal. Contamos a historia e tamén falamos de Rebeca Atencia, á que chaman a Jane Goodall galega. Ela é unha veterinaria que traballa no Congo coidando chimpancés e dirixe o centro de Jane Goodall nese país.
Hoxe despedímonos de Zapatocas agradecéndolle todos os libros que nos emprestou ao longo do curso e que poidemos disfrutar tanto no cole como en familia. Fixémoslle un debuxo desexándolle un bo verán e prometimos voltar en setembro con máis contos e lecturas. Grazas, Zapatocas!
Xa rematamos as nosas camisetas piratas! Coa axuda da profe Olalla debuxamos o barco por detrás e o noso retrato no peto de diante. Onte probámolas antes de empaquetalas e mañá poñerán rumbo ás nosas casas. Que bonitas quedaron! Feliz verán, piratas!
Co último mural de Lidia Cao investigamos un pouco sobre os paxaros que alí aparecían: as anduriñas. Vimos fotos de como fan os seus niños, como alimentan as súas crías... E coñecimos a Carrasco, o neno protagonista do conto Cara de pájaro. Queredes coñecelo vós tamén?
Que esperará a muller do mural de Lidia Cao? "El autobús, que llegue alguien, a que la flor que tiene debajo ya no está pocha..."
O conto que acompaña o mural é Un Máis. Lémolo e volvemos preguntar: Que espera a muller do mural? "CONEJOS!!!!!"
A última receita do curso do obradoiro de cociña en familia tiña un pouco de trampa: era un xeado "falso". Estamos desexando que chegue o verán e os xeados verdadeiros!
Moitas grazas a todas as familias que participastes no obradoiro cada fin de semana ao longo do curso. Deixámosvos o falso xeado de Adán, que lle quedou ben saboroso! Bo proveito!
![]() |
Adán e o seu "falso" xeado |
![]() |
O "falso" xeado de Adán |
Hoxe asistimos a un contacontos, organizado pola asociación GOTAS, que nos fixo reflexionar sobre importanza de respectar os demais para convivir nun mundo máis xusto, inclusivo e igualitario. Rematamos a xornada bailando e cantando no concerto de Paco Nogueiras. O sol acompañounos nesta xornada festiva. Pasámolo moi ben!
Hoxe os de cinco anos fomos de convivencia ao CPI Julia Becerra Malvar. Coñecimos as instalacións, as profes que nos darán clase o vindeiro curso, os compañeiros e compañeiras cos que compartiremos clase... Unha xornada cunha misión: conseguir as chaves que abrían os cadeados de cores que pechaban unha caixa enorme. Tivemos que superar moitas probas en equipo ao longo da mañá pero acabamos abrindo a caixa! O camiño a Primaria xa comezou! Moitas grazas a todas as profes que organizaron a convivencia. Pasámolo moi ben! Vémonos en setembro!