Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 30 de xuño de 2025

CURSO 25-26

Picando na imaxe accederedes á información sobre a reunión de principio de curso, o período de adaptación da nosa aula e o libro de inglés.



venres, 20 de xuño de 2025

GRADUADOS 2022-2025

 Queridos Adán, Alma, Aroa, Manu e Pablo: hoxe rematades a vosa etapa en Educación Infantil! Parece mentira que xa pasaran tres cursos! Ao longo destes anos acompañámosvos e vímosvos medrar. En setembro comezades unha nova etapa. Xa sabedes que ésta sempre será a vosa escola e que estaremos encantados de recibirvos e que nos contedes as vosas aventuras en Primaria. Querémosvos moitísimo! Feliz verán!










FESTA DE FIN DE CURSO 2024-25

 


Hoxe celebramos a festa de fin de curso na escola de Sisán. Xogamos, cantamos, bailamos e disfrutamos dunha xornada na que non faltou detalle. Moitas grazas ás familias pola merenda! Estaba todo ben saboroso! E moitas grazas ás nais da ANPA que con tanto agarimo prepararon o teatriño con sorpresa final en forma de Batmóbil! Tamén moitas grazas a Javi Solla polo seu espectáculo e á profe Olalla pola actuación final. Estiveron xenial! E sempre grazas, familias, pola vosa participación. Que teñades un feliz verán e vémonos en setembro!


















mércores, 18 de xuño de 2025

CANTO VOS QUEREMOS, AVOAS!

 Aló polo mes de marzo celebramos o Día da Muller facéndolles unha entrevistas ás nosas avoas para coñecelas un pouco mellor: cal é a súa cor favorita? A que lugar lle gustaría viaxar? Unha canción que lle guste, Cal era o seu conto favorito de pequena?, E a súa comida favorita? Se fose un animal, cal sería?,  Que é o que máis lle gusta facer? Que programa da tele lle gusta máis?

 Aquelas entrevistas convertímolas nun libro que mañá levaremos para agasallar as nosas avoas. Rosa, Nieves, Carmen, Lola, Mari, Ana, Mariña, Delia, Marina, Lourdes, Lola, Victoria, Lola, esperamos que vos guste!




CONTACONTOS INCLUSIVO DE GOTAS

 Hoxe xuntámonos en Leiro nunha xornada de convivencia e participamos nun contacontos inclusivo organizado pola asociación GOTAS. Moitas grazas por vir! Pasámolo xenial!

Por un mundo onde todas as persoas poidamos ser libres e felices.