Imaxe: Ricardo Liniers Siri
Amosando publicacións coa etiqueta REFRÁNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta REFRÁNS. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de maio de 2020

UN MES DE REFRÁNS DEBUXADOS



Hoxe unímonos ao reto de debuxar un refrán que propón Galiza Visual e que recolle Aulas Galegas no artigo que podedes ler aquí
Cada familia ten os seus refráns favoritos que emprega a cotío e que se van herdando grazas á tradición oral. Cal é o que máis soa na vosa casa? Animádesvos a escribilo,  debuxalo e compartilo para aprender entre todos?
Neste enlace, a partir da páxina 52, atoparedes unha chea de refráns.


martes, 4 de febreiro de 2020

2 DE FEBREIRO: DÍA DA CANDELORIA

Di a sabedoría popular que o día da candeloria, casan os paxariños. Xa pasou medio inverno e a natureza comeza a espertar e a prepararse para a chegada da primavera. Picando na imaxe podedes ler máis información no Mira que din do Portal das Palabras.









venres, 31 de marzo de 2017

xoves, 25 de abril de 2013

REFRÁN DE ABRIL

 
Traballamos o refrán do mes de abril e aprendimos moito sobre as andoriñas. Sabemos que chegan cando empeza o calor, que teñen a cola en forma de V, que son negras (dun azul que parece negro) pola parte de arriba e por abaixo brancas e cunha mancha vermella. Aliméntanse de insectos e fan os seus niños con boliñas de barro mesturado con herbiñas, plumas... en forma de cunca e nas vigas de casas.
 
 
 
Tamén vimos un vídeo que fixo unha persona que as viu este abril.






venres, 25 de xaneiro de 2013

REFRÁN DE XANEIRO

Este mes eliximos un refrán que vén moito a conto: EN XANEIRO, FRÍO NO CORPO ENTEIRO. E é que levamos un comezo de ano cunha chea de temporais, vento, choiva e frío que non paramos. Por iso nós, que sempre imos abrigadiños, no cole cantámoslle ao inverno:

INVERNO CHEGOU
HAISE QUE ABRIGAR
ABRIGO, BUFANDA
E LUVAS NAS MANS
 
 

venres, 14 de decembro de 2012

REFRÁN DECEMBRO

O refrán que escollimos en decembro fala de ovellas pero en realidade fala de familias. Fala do moito que queremos ás nosas familias, do a gustiño que estamos con elas e de todos eses momentos máxicos que compartimos no tempo de Nadal: a ilusión dos Reis e os agasallos, as reunións familiares, os reencontros,...
 
E de familias e tipos de familias fala o libro: UNHA CHEA DE FAMILIAS. Neste enlace podedes ler unha reseña do libro. Se vos apetece lelo, temos varios exemplares na biblioteca.
 
 

domingo, 18 de novembro de 2012

POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

O refrán que eliximos para este mes fala de TROMPOS. No calendario que temos no cole buscamos que día era San Martiño e atopámolo escrito debaixo do día 11 de novembro. Pero non todos sabíamos o que era un TROMPO! A profe sacou un do caixón da súa mesa e tentou bailalo. Non é nada doado (a profe conseguiuno ao terceiro intento!). Algún lembrou que o experto en bailar o trompo é o profe Rafa. Temos que dicirlle que nos aprenda a bailalo! Gustounos moito e logo xogamos a bailar coma trompos. Iso si que se nos dá ben pero hai que ter coidado cos mareos!
 

 

martes, 6 de novembro de 2012

CALENDARIO E RESUMO DO MES DE OUTUBRO

Acaba o mes de OUTUBRO e toca facer o resumo: cantos días choveu, cantos fixo sol, cantos días non houbo cole, cantos cumples celebramos... E tamén aprendemos un refrán que fala de como en OUTUBRO, tempo de outono, as árbores quedan peladiñas e as follas cubren os campos e o chan.