Hoxe celebramos a festa dos maios en Leiro. Démoslle a benvida á primavera cantando, facendo colares de flores e vestindo ao maio. Un ano máis darlles as grazas ás profes Ana e Ángeles, que tanto traballo pasan poñendo o noso maio así de precioso. E moitas grazas tamén a Sofía, a mamá de Uriel, que fixo posible, xunto co demais músicos, que a nosa festa se enchera de muiñeiras, jotas, pasosobres... da man do tambor, a gaita, o bombo e as pandeiretas. Moitas grazas a todos por colaborar coa escola na educación dos vosos meniños e meniñas. Que pasedes unha feliz fin de semana. Vémonos á volta, o martes 5 de maio!

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
xoves, 30 de abril de 2015
venres, 24 de abril de 2015
xoves, 23 de abril de 2015
CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO 2015
Vaia sorpresa que levamos! Despois da merenda apareceron coma por arte de maxia tres músicos: Montse, Rosana e Jose, acompañados dun saxofón, dunha guitarra eléctrica e dun tambor. Montaron o decorado e nun plis-plas, comezou a actuación. Primeiro cantamos para comezar con bo pé e nesas estabamos cando petaron na porta. E quen era? Un cabaleiro, nun cabaliño montado, que nos falou do Día do Libro e de Cervantes. Co que nos gustan a nós os libros, os contos e as historias! Os músicos de Bremen e A cebra Camila fixéronnos rir e pasalo pipa. Tamén cantamos no intermedio e mesmo rapeamos!! E para acabar, un agasallo: un marcapáxinas dos músicos de Bremen! ( Rodrigo lembrounos que é e como se emprega, por se había algún despistado)
Moitísimas grazas aos tres músicos que con tanto agarimo prepararon esta festa do día do libro: Montse, Rosana, Jose, sodes os mellores. O voso esforzo levou premio: toda unha escoliña chea de nenos e nenas disfrutando co voso traballo. Ata a próxima, cando queirades! Un bico enorme para os tres!
luns, 20 de abril de 2015
martes, 14 de abril de 2015
venres, 10 de abril de 2015
FÉLIX EN BERLÍN
Na derradeira carta que Félix mandou a Sofía desde Australia, prometeulle que ía voltar no seguinte avión á casa porque a botaba moito de menos. Sofía vive en Berlín, a capital de Alemania. Desta vez a Félix non lle fai falta escribir ningunha carta a Sofía. Logo de aterrar no aeroporto de Frankfurt, Félix collerá un tren que o deixará por fin en Berlín. Sofía e papá irán agardalo á estación. Félix trae un mapa con todos os lugares que leva visitado!! Xa de volta á casa, percorrerán xuntos a cidade de Berlín e con eles iremos coñecendo os lugares máis famosos e as curiosidades desta cidade alemana.
NOVAS DESPOIS DAS VACACIÓNS
A profe Rosana e a nosa compañeira Nerea aproveitaron as vacacións de semana santa para coñecer de primeira man algún dos animais que Félix nos contou que vivían en Australia. Rosana trouxo plumas de emú e comprobamos que son moooooi suaves, ademais de ver que son dobres!! E nun pequeno vídeo vimos como comía e paseaba entre a xente.
Nerea trouxo un album cheo de fotografías que foi explicando e onde vimos canguros, golfiños, mouchos reais, aguias, suricatas, serpes...
Moitas grazas, mozas!! Gustáronnos moito!!
mércores, 8 de abril de 2015
JUANITA TRAE A BOLSA CARGADA! QUE TRAE?
-
Es un coral donde se esconden los peces para que nazcan
los bebés. Es su casa…y ahora es una piedra (N)
-
E ten peixes? (P)
-
No, ahora no (N)
-
Puede ser que se hayan ido a dar una vuelta (W)
-
(Co obxecto posto nunha orella a modo de teléfono fai
que escoita) (U)
-
Cóntache algo? (P)
-
Si, cen (U)
-
E como che conta?(P)
-
Ata nove, ata dez (U)
-
E que será?(P)
-
É unha pedra onde viven os peixes (U)
-
Hai un peixe aí?(P)
-
Non (U)
-
A lo mejor se marchó porque ya era una piedra (N)
-
Aquí hai un bicho (U)
-
No es un bicho, es un palo (N)
-
Es un coral(W)
-
Ti viches algunha vez un coral? (P)
-
No (W)
-
E como sabes que é un coral? (P)
-
Porque tiene pinta (W)
-
A min paréceme un coral (Ad)
-
E que é un coral?(P)
-
É o que está en Australia debaixo do mar (Ad)
-
Yo vi uno de esos cuando estaba buceando. Era de un pez
pequeño que dormía en esa roca. Un pez bebé. Esta es una piedra de coral. (O)
-
Eu teño peixes no Curuto (U)
-
É unha cuncha dunha tortuga (Lu)
-
E onde vai a tartaruga? (P)
-
Xa morreu (Lu)
-
Se parece a un coral (La)
-
Parece que vivía un caracol ahí (O)
-
Un caracol marino (An)
-
Es una casita de peces y cangrejitos. Bebés y mamás. Es
una casita de piedra.(R)
-
Se parece a una almeja (H)
-
Tiene un agujero (O)
-
No tiene salida (An)
-
Entón por onde se meten?(P)
-
Por abajo (W)
-
E saen por arriba? (P)
-
Nooon, por arriba non poden saír, non ves que teñen
unha tapa? (Ad)
-
Pesa (O)
-
Es una piedra, es una roca, es una tortuga papá (O)
-
Os peixes entran polo burato e saen outra vez polo
burato (Ad)
-
E isto onde está? Onde hai máis destes? (P)
-
En el mar! Es de madera! (O)
-
Parécevos que é de madeira? (P)
-
Noooooon (varios)
-
É de roca
-
É de pedra
-
A que está pintado? (O)
-
De que cor é? (P)
-
Blanco e gris! (varios)
-
Se hizo piedra. Cuando un niño hizo esto con
pinturas…(O)
-
No, no lo hizo un niño, que es piedra! (N)
-
Pero hizo en un papel grande y gordo y duro. Y lo pintó
y luego lo puso allí en el mar. Y después salió un piraña y después lo
convirtió en piedra. (O)
-
Noooo, que no son mágicas (N)
Acaba a sesión cando un neno di
que quere marchar e unha nena di que ten fame. Decidimos avaliar e aparece na
bolsa de Juanita un post-it cunha palabra: CORAL. Ohhhhh, acertamos!!!, din
varios. Acabamos retratando a Juanita e
escribíndolle canto a queremos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)