Sofía e a súa familia preséntannos...o Bocasaudable! Un bocata de atún con olivas, queixo e peituga de pavo e pan de chía. Moitas grazas por participar! Que saboroso bocata vos quedou!
Sofía e a súa familia preséntannos...o Bocasaudable! Un bocata de atún con olivas, queixo e peituga de pavo e pan de chía. Moitas grazas por participar! Que saboroso bocata vos quedou!
Valeria e a súa familia preséntannos...o Árbore de bocata! Un bocata de sardiñas acompañadas de leituga e queixo que se pode degustar frío ou quente. moitas grazas por participar! Que boa pinta ten o voso bocata!
Pablo e a súa familia preséntannos... o Patupán! Un bocata quente con atún como ingrediente principal, acompañado de leituga e maionesa. Ata fixeron o pan de arepa! Moitas grazas por participar! Quedovos cunha pinta ben saborosa!
Xa temos preparadas as portadas do terceiro trimestre do curso. A profe Olalla axudounos a que quedaran cun toque de verán que nos encantou. Mirade que chulada!
![]() |
Picamos círculos de diferentes cores e tamaños |
![]() |
Coloreamos algas con diferentes tons de verde |
![]() |
Pregamos os círculos pola metade |
![]() |
Pegámolos para compoñer os peixiños |
![]() |
Pegámoslles os ollos |
![]() |
Ti si que es un bo peixe! |
Sabedes que son os veleiriños? Pois son unhas criaturas mariñas moi curiosas semellantes ás medusas. Para desprazarse despregan unha vela e móvense onde as leve o vento. Se sopra forte, poden aparecer varadas nas praias, como ocurriu nunha de Malpica, pintando a area coa súa cor azul característica.
Na Voz de Galicia limos a noticia e buscando máis información atopamos vídeos que nos gustaron moito.
Despois do día de choiva da semana pasada, esta fin de semana a proposta para o obradoiro de cociña en familia era facer un sol. Adiviñades cal pode ser a vindeira proposta? Moitísimas grazas a todas por participar!
![]() |
Alma e o seu sol |
![]() |
O sol de Alma |
![]() |
Adán e o seu sol |
![]() |
O sol de Adán |
![]() |
Sofía e a súa irmá Elisa cos seus soles |
![]() |
Os soles de Sofía e Elisa |
Manu e a súa familia preséntannos...Tostas quentes de xarda e Bocata frío de peixe azul. Dúas opcións coa xarda como protagonista acompañada de tomate e queixo. Que pinta tan boa! Moitas grazas por participar!
Co material do Seminario Galán achegámonos á figura de Francisco Fernández del Riego, escritor homenaxeado o Día das letras Galegas do ano 2023.
Don Paco naceu en Lourenzá (Lugo), fundou a Editorial Galaxia e escribiu moitos libros.
A pesca galega de mar a mar foi un dos libros que escribiu. Partindo de fragmentos deste libro, coñecimos a dorna, embarcación pesqueira tradicional galega de madeira. Achegámonos á sardiña, a especie do mar máis importante e recurso de vida das poboacións mariñeiras de Galicia. E soubemos que así como hai peixes que viven no mar, outros, como a troita, viven nos ríos.
Aroa e a súa familia preséntannos... o Comilón! Un bocata frío de paté feito na casa con mexillóns e atún acompañados de queixiños. Para os que teñan que comer brandiño ou se vos encanta o paté de peixe, unha opción ben saborosa. Moitas grazas por participar!
A nosa bocatería "Dando a lata co bocata" chega á súa terceira edición! Nas nosas casas xa estamos argallando os bocatas que formarán o menú deste curso. Animádevos a participar!
Onte celebrouse a entrega de premios do Concurso de debuxo do Día das Letras Galegas organizado pola ANPA do CRA de Ribadumia. Moitas grazas a Sofía e a súa familia por compartir as fotos da xornada!
E aquí vos deixamos as nosas obras de arte. Axudados pola profe Olalla preparamos os nosos debuxos relacionados con lugares e recunchos especiais do Concello de Ribadumia. Parabéns aos premiados e a todos os participantes!
![]() |
Joshua |
![]() |
Aroa |
![]() |
Nicolás |
![]() |
Rodrigo |
![]() |
Sofía |
![]() |
Pablo |
![]() |
Adán |
![]() |
Valeria |
![]() |
Manu |
![]() |
Alma |
![]() |
Sofía e o seu debuxo na entrega de premios. Parabéns, Sofía! |
![]() |
Os premiados reciben os seus agasallos |
![]() |
Sofía recibindo o seu premio |