Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 7 de marzo de 2023

SEMANA DA MULLER: AS MULLERES NO MUNDO DOS RALLIES

 


Ao longo desta semana na que celebramos o Día Internacional da Muller, imos homenaxear as mulleres importantes da nosa vida convidándoas a compartir con nós un ratiño no cole. 

Hoxe recibimos a visita de Andrea, a nai de Adán, copilota de rallies. Trouxo unha bolsa ben grande con toda a equipación que necesita para desenvolver o seu hobby: casco con micrófono para comunicarse co piloto, proteccións e roupa ignífuga (camiseta, pantalón, calzado, luvas e mono). Un elemento fundamental é a súa libreta, onde anota as curvas e todo aquelo que aparece na estrada e que lle vai cantando ao piloto para que o teña en conta á hora de manexar o seu vehículo. Ser corredora de rallies é practicar un deporte extremo cheo de riscos. Andrea amosounos fotos e vídeos das carreiras onde poidemos vela en acción. Tamén nos trouxo o último trofeo que vén de acadar esta fin de semana.

Moitísimas grazas polo agarimo co que preparaches a túa visita, Andrea. Aprendimos moito sobre o mundo dos rallies e agora xa sabemos que as mulleres tamén temos un lugar importante neste deporte!






















Ningún comentario:

Publicar un comentario