Lembrades a Tim, o dedo que vivía no nariz de Sofía? Pois o seu conto favorito é Ni Guau ni Miau! Unha nova aventura ilustrada por Gómez que nos encantou.

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 27 de febreiro de 2024
venres, 23 de febreiro de 2024
ROSALÍA DE CASTRO: CALDO DE GLORIA
Coincidindo co Día de Rosalía de Castro, unímonos á proposta da casa de Rosalía propoñendo para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana facer o Caldo de Gloria do poema Miña casiña, meu lar. Animádevos a participar!
![]() |
Alma e o seu Caldo de Gloria Moitas grazas por participar! |
![]() |
Valeria e o seu Caldo de Gloria. Moitas grazas por participar! |
xoves, 22 de febreiro de 2024
mércores, 21 de febreiro de 2024
martes, 20 de febreiro de 2024
ROSALÍA DE CASTRO: MIÑA CASIÑA, MEU LAR
Hoxe Zapatocas tíñanos unha sorpresa preparada. Contounos que o vindeiro venres 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, a nosa poeta galega universal.
Uníndonos un ano máis á iniciativa da Casa de Rosalía: Le a súa obra, fai o Caldo de Gloria e únete á Alborada, comezamos hoxe na biblioteca lendo o poema Miña casiña, meu lar nunha edición ilustrada por Blanca Millán para a editorial Galaxia.
Despois construimos a nosa casiña empregando seis pauciños de xeado que decoramos ao noso gusto. Mirade que ben están quedando!
O CONTO DE PIRATAS DE MANU
Onte Manu trouxo un libro de piratas que quería compartir con nós. Con el descubrimos o mapa do tesouro, as sereas, a roupa pirata, o barco pantasma... Moitas grazas, Manu!
11 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Da man de Ada Magnífica, científica, achegámonos á ciencia cos ollos dunha meniña curiosa que non para de facer preguntas para entender todo o que ve ao seu redor.
Vimos tamén un anaquiño da serie e despois probamos a facer nós o experimento. Funcionou!
Recortamos anaquiños de papel de cores. Cargamos os globos de electricidade estática pasándoos polo pelo. Achegamos os globos aos papeliños e...pegábanse!!! E así, como Ada e o seu equipo, recollimos e limpamos todos os retalliños.
luns, 19 de febreiro de 2024
BARCO PIRATA
sábado, 10 de febreiro de 2024
ENTROIDO PIRATA
O Entroido pirata chegou ao Auditorio de Ribadumia. O Mago Paco trouxo contos e iMAXInAción, as nais da ANPA organizaron a Busca do tesouro máis xenial de todos os mares, merendola típica destas datas da man das familias do alumnado de 4 anos, desfile interior por mor do mal tempo e fin de festa bailando co pirata Chocolo. Unha vez máis o noso agradecemento infinito á ANPA e a todas as familias que se implicaron con tanto traballo e tanto agarimo para facer a decoración e organizar os xogos. Moitísimas grazas por formar parte da nosa tripulación! Vémonos á volta das vacacións o xoves 15 de febreiro! Que o pasedes moi ben!
![]() |
Moitísimas grazas, mamás piratas! |