Imaxe: Ricardo Liniers Siri

luns, 13 de marzo de 2023

A LENDA DO BURRO DA TOXA




Conta a lenda, recollida pola escritora Emilia Pardo Bazán, que un grovense tiña un burro afectado dunha enfermidade da pel. Ao non ter o valor para sacrificalo, preferiu deixalo abandonado na Illa da Toxa, pensando que pola súa enfermidade non tardaría en abandonar este mundo.

Pasado un tempo e coa intención de enterrar os restos do animal, regresou á Illa e atopouno con vida, curado e rebolándose nuns lodos.

Contan que así foron descubertas as propiedades curativas das augas termais  que nacen na Illa da Toxa e que deron lugar a un dos primeiros balnearios de Galicia.

Na edición dixital da Voz de Galicia vimos unha noticia que falaba da inauguración dunha escultura relacionada con esta lenda. Se pasades por alí, mandádenos unha foto!




 


Ningún comentario:

Publicar un comentario