Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 28 de febreiro de 2025

FESTIVAL DE ENTROIDO

 Un ano máis, xuntámonos para celebrar o festival de Entroido no Auditorio de Ribadumia. Unha xornada chea de xogos, bailes, fotos, a actuación de Magín Blanco e o desfile final polas rúas. Moitísimas grazas ás familias pola merenda e á ANPA pola superdecoración. Vémonos, á volta das vacacións, o xoves 6 de marzo.


















martes, 25 de febreiro de 2025

EXTRA! EXTRA! O RESCATE DOS CARTOS ROUBADOS

 Chega a novidade que estábades agardando: o noso conto de Entroido! Preparados? Esperamos que vos faga tanta ilusión como a nós facelo e compartilo convosco.

















ROSALÍA DE CASTRO NA BIBLIOTECA DE LEIRO

 Zapatocas tiña un recuncho da biblioteca con todos os libros de Rosalía de Castro. Soubemos que escribía cunha pluma os seus poemas e limos a súa biografía e a versión dos Bolechas do poema Adios ríos adios fontes.




O MECO MANDA: MARTES, VESTIDOS DE CHOQUEIROS

 



domingo, 23 de febreiro de 2025