Imaxe: Ricardo Liniers Siri
Amosando publicacións coa etiqueta 3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 3 DE DECEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE. Amosar todas as publicacións

luns, 4 de decembro de 2023

BAIXO O MESMO PARAUGAS

 





O 3 de decembro celebrouse o Día Internacional da Discapacidade. Nós quixemos participar na iniciativa Baixo o mesmo paraugas, reivindicando para todas as persoas o seu lugar na sociedade e a súa inclusión. Respecto para todas as persoas, valorando as súas capacidades. 




Así coñecimos a Teresa Perales, unha deportista cunha traxectoria brillante en natación, que tivo que reinventarse cando unha enfermidade a deixou nunha cadeira de rodas aos 19 anos. Non podía camiñar, nin correr e buscou un deporte que puidera seguir facendo. Así, descubriu que podía nadar perfectamente. Púxose a entrear e traballar arreo día tras día e leva gañadas tantas medallas "que non se dan contado". Tamén acadou o Premio Princesa de Asturias do Deporte en 2021. Teresa é muller, nai e deportista de elite. Brava, Teresa!






sábado, 3 de decembro de 2022

BAIXO O MESMO PARAUGAS 2022

 



Un ano máis sumámonos á iniciativa Baixo o mesmo paraugas para darlle visibilidade e o noso apoio ás persoas con algún tipo de discapacidade. Por un mundo onde todas as persoas se sintan respectadas e incluídas.

Escoitamos o conto Mimi e a xirafa azul, vimos a curta Cuerdas e escribimos os nosos nomes en alfabeto Braille, o que empregan as persoas cegas para poder ler e escribir.





venres, 3 de decembro de 2021

BAIXO O MESMO PARAUGAS

O 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con discapacidade. Un ano máis quixemos sumarnos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" abrindo os nosos paraugas e escribindo unha frase positiva para darlle apoio e visibilidade ás persoas con discapacidade. Moitas grazas a todas as familias pola vosa participación!

Tamén limos o conto Os meus amigos especiais e coñecimos un neno que é un fenómeno xogando ao baloncesto en cadeira de rodas. A maioría non sabiamos que se podía xogar ao baloncesto en cadeira de rodas e buscamos un vídeo onde vimos varios equipos en acción. Quedamos impresionados coa forza que fan cos brazos para empurrar a cadeira, coas regras do xogo adaptadas á situación dos xogadores, como teñen que amarrar a cadeira ás pernas, as caídas que sofren, a velocidade coa que se desprazan, as canastas que meten...



Baixo o mesmo paraugas
construindo un mundo mellor
e sobre todo con respecto.

Los libros,
las mentes
y los paraguas
solo sirven si se abren.

Baixo o mesmo paraugas
por un mundo sen barreiras.

Abro o meu paraugas
para que se refuxie nel 
todo aquel que o precise.




xoves, 3 de decembro de 2020

BAIXO O MESMO PARAUGAS

 Sumámonos á iniciativa "Baixo o mesmo paraugas" desde as nosas casas e lanzando en familia os nosos desexos.



Abrimos os nosos paraugas porque se
vexan máis as nosas similitudes
que as nosas diferenzas.

Abrimos os nosos paraugas para a
igualdade de oportunidades para todos

Abrimos os nosos paraugas para que 
os nen@s discapacitados teñan
máis recursos para as súas 
necesidades


Baixo o mesmo paraugas por un mundo
sen olladas distintas

Abrimos os nosos paraugas
por que todos teñamos cabida nel




Abrimos os nosos paraugas
pola igualdade



Abrimos os nosos paraugas
por un ano mellor

POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA

 O libro da árbore de Nadal de hoxe non podía ser máis apropiado para reflexionar o Día internacional da discapacidade: Por cuatro esquinitas de nada.




martes, 1 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE



Este xoves 3 de decembro celébrase o Día internacional das persoas con discapacidade. Queremos sumarnos un ano máis á iniciativa “Baixo un mesmo paraugas” e para iso necesitamos a vosa colaboración. Como podedes participar?

Facede unha foto divertida en familia co voso fillo ou filla, levando cada un o seu paraugas aberto. Pensade nun desexo para completar a frase: Abrimos os nosos paraugas por …  Facendo clic nesta páxina podedes ver fotos doutras persoas e os seus desexos por se necesitades inspiración.

Mandade ao correo electrónico as vosas fotos e frases  para que poidamos empezar a publicalas no noso blog o 3 de decembro, colaborando así na defensa e  visibilidade das persoas con discapacidade.

Picando neste enlace podedes ver o que fixemos o curso pasado

Moitas grazas por participar!