Imaxe: Ricardo Liniers Siri

martes, 29 de setembro de 2026

O OUTONO CHEGOU Á BIBLIOTECA

 Zapatocas agardaba coa historia dunha pequena landra que foi caer ao chan unha tarde de outono e comezou así a súa aventura para converterse nun carballo. Moitas grazas, Zapatocas! Encantounos!


Picade na imaxe para ir ao conto


E aproveitando que no patio de Leiro hai un carballo, fomos visitalo, coller landras e follas e descubrir pequenos carballiños ao seu pé.






luns, 28 de setembro de 2026

DEBULLANDO O MILLO

 Despois de ir polas espigas á finca de Nieves era o momento de debullalas. Puxémonos mans á obra e enchimos unha bolsa de millo que volveu á súa orixe para que comeran as galiñas. Canto traballamos!







domingo, 27 de setembro de 2026

BOLBORETA DE UVAS

 Comezamos o noso obradoiro de cociña de fin de semana en familia cunha receita ben saborosa: a bolboreta de uvas. Moitas grazas a todas por participar! Chegaron voando!






Eric e a súa bolboreta de uvas


Paula e a súa irmá Aroa coa bolboreta de uvas



Dani e a súa bolboreta de uvas



Rodrigo e a súa bolboreta de uvas



Lía e a súa bolboreta de uvas



Gael e a súa bolboreta de uvas



Carmen e a súa bolboreta de uvas



mércores, 23 de setembro de 2026

CHEGOU O OUTONO

 Hoxe celebramos o cambio de estación visitando a finca de Nieves, a avoa de Rodrigo. Alí atopamos verdadeiros tesouros: millo, cabazas, xirasois, noces, limóns...Moitas grazas unha vez máis a Nieves polo seu agarimo. Canto aprendimos e que maneira tan xenial de darlle a benvida ao outono!







martes, 22 de setembro de 2026

IMOS A LEIRO!

 Hoxe comezamos a ir a Leiro. Alí nos agardaba Zapatocas coas bolsas e a mochila de libros para levar en empréstito para á casa, os novos marcapáxinas e milleiros de historias que encherán de momentos máxicos este novo curso. 







mércores, 2 de setembro de 2026

BENVIDA AO CURSO 2026-27


A piques de comezar un novo curso, deixámosvos a información relativa ao período de adaptación para o novo alumnado de tres anos, a data da reunión informativa, a data de comezo das clases e outras informacións de interese. Picade na imaxe para ampliala. Feliz volta ao cole!