

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
sábado, 22 de decembro de 2012
FESTA DE NADAL

VISITA AO BELÉN DE CHUCO
Un ano máis, convidados por Chuco, un veciño de Ribadumia que con moito agarimo e paciencia monta na súa casa un belén precioso, montamos no autobús e alá fomos. Para os de tres anos era a nosa primeira saída!! Cantos nervios e canta ilusión!! Pasámolo fenomenal e gustounos moitísimo. Ata vimos a carroza na que van ir os Reis cando cheguen a Ribadumia para a cabalgata. E antes de marchar, diante do belén e xunto cos nenos e nenas de Sisán, cantamos a panxoliña de Miliki que estivemos ensaiando para a festa de Nadal. Moitas grazas a Chuco e á súa familia!!
O ESCRIBA SENTADO
O ESCRIBA SENTADO é unha escultura exipcia que podemos admirar no museo do Louvre de París (que xa o coñecíamos do ano pasado, cando Félix visitou a capital de Francia). Nós descubrímola lendo o conto AH!, do que xa falamos noutra entrada, e comezamos a investigar un pouco sobre ela e os ESCRIBAS.
Os ESCRIBAS exipcios tiñan unha misión moi importante: transcribir ordes, anotar e controlar as actividades económicas do Estado.
Deste enlace: http://importanciadeegipto.blogspot.com.es/2009/06/los-escribas-egipcios.html está sacada a información escrita máis abaixo. Picade nel para acceder á información completa.
"Las instrucciones empezaban a partir de los cuatro años hasta los diecisiete años. Al principio, el aprendiz de escriba sólo "dibujaba" textos que copiaban en tablillas de madera. Solo usaban el papiro cuando tenían experiencia, dado el alto precio del mismo. La educación que en los templos daban los sacerdotes a los pequeños eran muy complejas, ya que en la enseñanza de la escritura comprendía otras disciplinas, aparte de la habilidad precisa del dibujo a pluma, ya que se aprendía geografía, matemáticas, gramática, textos sagrados, idiomas extranjeros, dibujo, correspondencia comercial y diplomacia, etcétera, lo que capacitaba acceder a los mas dispares empleos.
Las clases comenzaban por la mañana. Tras el desayuno se colocaban en el suelo alrededor del instructor en la conocida actitud del “escriba sentado” (sentados en el suelo con las piernas cruzadas).Los escribas, antes de comenzar su trabajo, rezaban una plegaria a Dyehuty (Tot), su patrón, creador de las lenguas y la escritura, para luego recibir los elementos básicos de la escritura, que consistían en papiros, una paleta, pinceles, tinteros, un frasco de agua y goma y un mortero.
El papiro venía en rollos que debían cortar con una navaja según la extensión del documento.
El pincel era un tallo de junco afilado a navaja o deshilachado por la punta.
En la paleta había dos orificios, uno para tinta negra (la más usada) y otro para la tinta roja (para destacar algún pasaje). Aunque utilizaban más colores, éstos eran los más característicos y los que usaban para documentos oficiales.
El papiro venía en rollos que debían cortar con una navaja según la extensión del documento.
El pincel era un tallo de junco afilado a navaja o deshilachado por la punta.
En la paleta había dos orificios, uno para tinta negra (la más usada) y otro para la tinta roja (para destacar algún pasaje). Aunque utilizaban más colores, éstos eran los más característicos y los que usaban para documentos oficiales.
Ponían el papiro sobre sus rodillas y escribían de derecha a izquierda, en vertical, y a mano alzada. No se utilizaban las minúsculas, y no se separaban las palabras, sólo al final de cada período del texto, con una señal denominada parágrafos. El título del texto iba al final para preservarlo. Cuando el escriba terminaba el texto, procedía a su corrección, ya fuera él mismo o un corrector experimentado."
BO NADAL!!!
Así de bonita nos quedou a felicitación de Nadal que fixemos para as nosas familias. Felices festas a todas!!
CARTA PARA O APALPADOR
venres, 14 de decembro de 2012
REFRÁN DECEMBRO
O refrán que escollimos en decembro fala de ovellas pero en realidade fala de familias. Fala do moito que queremos ás nosas familias, do a gustiño que estamos con elas e de todos eses momentos máxicos que compartimos no tempo de Nadal: a ilusión dos Reis e os agasallos, as reunións familiares, os reencontros,...
E de familias e tipos de familias fala o libro: UNHA CHEA DE FAMILIAS. Neste enlace podedes ler unha reseña do libro. Se vos apetece lelo, temos varios exemplares na biblioteca.
CUMPLES DE DECEMBRO
Hoxe celebramos os cumples de decembro. Lara, Carla e Paula cumplen 3 aniños este mes e como o vindeiro venres temos a festa de Nadal e logo veñen as vacacións, este era o último venres que nos quedaba para facer a festa. Tíñamos todo preparado pero a última hora Carla e Paula tiveron que ir ao médico e non puideron facer a tarta. Non vos preocupedes mozas, a vosa tarta e a vosa festa quedan pendente para o mes de xaneiro!!
Así que hoxe celebramos o cumple de Lara, que fixo a tarta ela soíña con tanto xeito que parecía unha experta resposteira. Que rica estaba, non quedou nadiña!! Parabéns, Lara!!!
E por fin CARLA e PAULA fixeron a súa tarta. Parabéns, mociñas!
martes, 11 de decembro de 2012
ENTREGA DE PREMIOS
Xa temos no cole o PREMIO BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011 que a biblioteca do CRA acadou no Concurso Nacional de Boas Prácticas para a Dinamización e Innovación das Bibliotecas dos Centros Escolares. Onte, o profe Rafa e as profes Ángeles e Ana fórono recoller a Madrid. Tedes máis información no Portal educativo da Xunta.
ESTRELAS DE NADAL
Lembrades que a pasada semana levamos á casa unha ESTRELA para decorar? Xa sabedes que logo con todas as dos nenos e nenas do CRA imos encher de estreliñas o "ceo" do local social o día da festa de Nadal. Queremos amosarvos algunha das que xa chegaron de volta ao cole para que poidades sacar ideas os que aínda non decoráchedes a vosa. A que están preciosas?
USOS DO PAPIRO
Xa coñecemos a planta do PAPIRO, que medra na beira do río NILO. Unha planta que no Antigo EXIPTO usaban para facer SANDALIAS, CESTOS, PAPIROS DE PAPEL (para escribir neles) e ata BARCOS. Cantas cousas interesantes estmos aprendendo con FÉLIX nesta viaxe por Exipto!
xoves, 6 de decembro de 2012
OBRADOIRO DE COCIÑA: MOMIAS
Onte falamos de TUTANKAMÓN e do arqueólogo que descubriu a súa tumba: Howard Carter. Sabedes que o pasado catro de novembro fixo 90 anos do seu descubrimento? 90 anos son moitos! Contamos ata chegar ao número 90 e necesitamos os dedos das mans de 9 nenos! Pois para celebrar este aniversario, collimos do noso recuncho de EXIPTO todos os obxectos relacionados con TUTANKAMÓN (un puzle en 3D, unha máscara de pedra, o trono de Tutankamón que se abre e dentro hai un farol dos que usou Howard Carter cando atopou a tumba, un papiro e un bastón) e merendamos MOMIAS.
En lugar das galletas dos mércores tíñamos que traer: 1 rebanada de pan de molde, 1 loncha de xamón cocido e 2 lonchas de queixo. A profe trouxo salsa de tomate e olivas, lavamos as manciñas e puxémonos mans á obra. Mirade nas fotos que ricas nos saíron! E para rematar, acabamos bailando Momias de Colores como auténticas momias exipcias!!
Neste enlace temos toda a información necesaria para volver facer a receita na nosa casa.
Neste enlace temos toda a información necesaria para volver facer a receita na nosa casa.
ÁRBORE DE NADAL
Xa estamos no mes de Nadal e andamos a preparar adornos para o noso cole. Armados con rodillos e pintura verde pintamos as pezas da nosa árbore. Tamén algunha bola vermella. Pronto o teremos listo, xa veredes que chulo nos queda!
martes, 4 de decembro de 2012
O APALPADOR
Hoxe os nenos e nenas de 3 anos coñecimos ao APALPADOR. Os compañeiros de 4 xa o coñecían do NADAL pasado. Grazas ao conto de Xoán G., O APALPADOR, soubemos que vive nas montañas do Courel, que nos seus tempos mozos era carboeiro e agora adícase a facer xoguetes de madeira e apañar castañas no monte para na noite de Nadal ir a apalpar as barriguiñas dos meniños cando durmen e se están ben mantidos, deixarlles castañas na mesa de noite e un agasallo de madeira agachado pola casa.
Así que a partir de agora imos comer toda a merenda a ver se o APALPADOR nos deixa un xoguete de madeira agachado no cole!
venres, 30 de novembro de 2012
RESUMO MES DE NOVEMBRO
CUMPLES DE NOVEMBRO
Hoxe, último venres de mes, celebramos os cumples de NOVEMBRO. Tocoulles facer a tarta a YAGO, NEREA e TONI. Unha tarta con 4 candeas para Yago e outra con 3 para Nerea e Toni. Non quedou nin a proba, sinal de que somos uns magníficos reposteiros! Parabéns amiguiños!!
mércores, 28 de novembro de 2012
TUTANKAMÓN ESTÁ DE ANIVERSARIO
Na prensa andan a falar estes días de TUTANKAMÓN. Sabedes por que? Pois porque hai 90 anos que descubriron a súa tumba. Parabéns a esta momia tan famosa!! Mirade que tarta rica lle fixemos.
Hoxe fixemos unha MOMIA cun boneco e un rolo de papel hixiénico. E despois fomos á outra clase para darlles un susto aos compañeiros! Algún miraba e requetemiraba para ver se era ou non unha momia de verdade. E logo levamos á casa outra (será a de TUTANKAMÓN?) que pintamos con ceras brandas, para meterlles moito medo a todos. A que quedaron chulas??
martes, 27 de novembro de 2012
CULTURGAL 2012
Se non sabedes que facer esta fin de semana, non dubidedes en achegarvos cos peques ata o Pazo da Cultura de Pontevedra. CULTURGAL 2012 abrirá as súas portas o 30 de novembro e ata o domingo poderedes disfrutar cunha chea de actividades, todas de balde!!
E moita máis información na páxina de CULTURGAL.
MOMIAS!
Aquí deixamosvos dous vídeos: a canción MOMIAS DE COLORES e un conto FÁTIMA, UNA MOMIA MUY RESPONSABLE, que xa vimos no cole e que nos gustan moito. Así tamén podemos velos na casa.
PAPIROS
Hoxe en Leiro tíñamos unha sorpresa: a profe Ana foi ao viveiro e trouxo unha planta de PAPIRO. No Antigo Exipto estas plantas medraban na beira do río NILO e co seu talo facían as follas dos papiros nos que escribían, embarcacións, cestos e ata sandalias! Hai un tempo, no noso XARDÍN DOS SENTIDOS de Leiro tíñamos PAPIROS no estanque pero secaron. Agora temos que plantar estes novos a ver se medran moi alto!
EU SON JUANITA
Axudados polo libro sobre XOANIÑAS que nos deixou JUANITA, coloreamos o seu debuxo e aprendimos as letras do seu nome. E non sabedes o mellor: o nome de JUANITA agacha o nome do noso compañeiro JUAN!! Tapamos as 3 últimas letras e aparece!! Temos que seguir investigando cousas sobre as XOANIÑAS para que cando JUANITA volte a visitarnos xa a coñezamos máis sobre estes pequenos insectos.
PIRÁMIDES EN RIBADUMIA
Estamos feitos uns expertos no tema das PIRÁMIDES. Debuxámolas, construímolas no areeiro... iso si, sempre dándolles o noso "toque" persoal: unha ventá por aquí e outra por alá ("para mirar, profe"), camelos subindo por elas, as nosas casas ao lado ("aquí vivo yo"), variedade de cores porque sempre marróns son moi aburridas, Félix montado no camelo visitándoas...
Ah, por certo, xa descubrimos que é ese GATO-CAN-LEÓN do que falaba Félix!
mércores, 21 de novembro de 2012
JUANITA VÉN DE VISITA
Hoxe tivemos unha sorpresa grandísima logo do recreo. Estábamos cos compañeiros da clase do lado lendo no xornal unha noticia moi interesante sobre un cadro dun pintor moi famoso que apareceu nun mercadillo (xa vos contaremos quen era), cando a profe trouxo unha bolsa que non paraba quieta. E sabedes quen estaba dentro? A XOANIÑA JUANITA!! Canto tempo sen ter novas dela! Os de 4 anos xa a coñecíamos do curso pasado, pero os de 3 e 5 anos non a coñecían. JUANITA non viña soa. Na bolsa viña un cartel que Víctor nos leu que falaba das NORMAS PARA XOGAR A PENSAR. Porque Juanita sempre que vén nos trae unha sorpresa para xogar a pensar con ela. Pero o primeiro día sempre nos lembra as normas: SENTAR EN CÍRCULO, ESCOITAR, LEVANTAR A MAN PARA FALAR, FALAR, PENSAR e PASALO BEN.
Sentados en círculo para vernos e escoitarnos mellor, fomos presentándonos a JUANITA e dándolle un bico e unha aperta. Que contenta estaba JUANITA aprendendo os nosos nomes e gardando os nosos biquiños!!
E sabedes que nos trouxo un agasallo? Un puzle precioso de xoaniñas e un libro sobre xoaniñas para que aprendamos cousiñas sobre ela mentres agardamos a vindeira visita con novas sorpresas. Xa nos está tardando!!
UNHA AMIZADE CON RIMA
Lembrades que tíñamos que traer unha CASTAÑA ao cole? Pois hoxe levámola á casa transformada. Fixo unha amiga: unha ARAÑA. Queredes saber a historia desta amizade?
Paseando por un souto
Paseando por un souto
andaba unha araña
cando pisou un ourizo: ai!
Pinchou unha patiña
botouse a chorar: buaaaaa!
pero axiña a castaña
quíxoa axudar.
Sacoulle aquela espiña
cantoulle un "sana, sana"
deulle un biquiño
e xa estaba curada.
A araña agradecida
díxolle á castaña:
súbete ao meu lombo
fai a equipaxe
que estas dúas amigas
imos de viaxe.
E desde aquel día
sempre van xuntiñas
nunca se separan
as dúas amiguiñas.
PARA BAILAR ME PONGO LA CAPA...
Hoxe estivemos bailando uns TROMPOS pequenos que non necesitan corda para bailar. Con só dous dediños facémolo virar e virar. Aínda que non é tan doado como parece! Temos que practicar moito! Anxo deunos toda unha lección de mestría, a el si que lle baila de marabilla!
E despois aprendimos unha adiviña do trompo moi divertida. A ver se vos gusta:
martes, 20 de novembro de 2012
20 DE NOVEMBRO: DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

luns, 19 de novembro de 2012
¡OH!, AH!
EXIPTO ESTÁ EN...BOIRO
Pois si, amiguiños, hoxe a profe tíñanos unha sorpresa: en GALICIA temos un lugar que se chama EXIPTO! E sabedes como nos enteramos? Grazas á profe María de música (á que botamos moito de menos) que visitou o noso blog, veu que FÉLIX andaba de viaxe por terras exipcias e mandounos unhas fotos preciosas do EXIPTO boirense. Así que se unha fin de semana nos apetece ir a EXIPTO, non temos máis que coller o coche e achegarnos ata alí. Se alguén se anima, que non olvide facer fotos coa pirámide! Moitas grazas e moitos bicos, profe María!!!!
domingo, 18 de novembro de 2012
POLO SAN MARTIÑO, TROMPOS AO CAMIÑO

XEROGLÍFICOS

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)