Hoxe celebramos en Leiro as festas do Samaín e o Magosto e o noso cole encheuse de bruxas e bruxos. Participamos na carreira solidaria La vuelta al cole, gozamos coa música e co contacontos de Daniela pirata e a bruxa Sofronisa, percorrimos o paseo do terror que montaron as familias da ANPA, merendamos convidados polas familias dos nenos e nenas de 5 anos, escoitamos os contos e a música tradicional que trouxo a ANPA e rematamos a festa bailando a canción que ensaiamos coa profe Olalla e levando as castañas que estiveron asando as familias ao longo da maña. Moitísimas grazas a todas pola vosa axuda e por colaborar sempre con tanto agarimo. Vémonos o xoves!

Imaxe: Ricardo Liniers Siri
martes, 31 de outubro de 2023
domingo, 29 de outubro de 2023
DÁMOSVOS A BENVIDA Á TERRA MEIGA
Hai uns días recibimos a proposta de convertirnos en meigas e feiticeiros. A maxia encheu os nosos fogares e xa podemos darvos a benvida á nosa Terra Meiga. Pero que medo! Moitas grazas ás familias por participar, por implicarvos tanto e polo agarimo con que o fixestes. Sodes máxicas!
![]() |
Alma, a meiga moderna |
![]() |
Pablo, o meigo morado dos boliños |
![]() |
O meigo morado dos boliños facendo a súa maxia |
OS MOUCHOS DAS CASTAÑAS
Lembrades que hai uns días estivemos apañando follas de carballo? E de que tivemos que traer un cartón de leite ao cole? Pois xa podemos dicirvos que coa profe Olalla puxémonos mans á obra e fixemos uns mouchos para levar as castañas asadas o día do magosto. A que quedaron xeniais?
A CASA DA BRUXA
A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer a casa da bruxa. E cal é a casa da bruxa máis famosa que coñecemos? A do conto de Hansel e Gretel, que limos na biblioteca e nos fascinou. Tamén o vimos neste vídeo.
![]() |
A casiña da bruxa de Adán |
![]() |
Adán e a súa casiña da bruxa |
![]() |
Alma e a súa casiña da bruxa |
![]() |
Casiña, voute papar! |
Lara e a súa casiña da bruxa |
![]() |
Valeria e a súa casiña da bruxa |