O 1 de abril o noso calendario sinalaba que era o Día das Bromas. Investigamos un pouco e descubrimos que en Francia este día pegan peixiños nas costas a modo de broma. Nós coloreamos varios peixiños e puxemos o noso nome por detrás. Despois fixemos un xogo no que cada un paseaba ao redor da roda de compañeiros e tiña que ir repartindo os seus peixes sen que ninguén mirara. Cando todo o mundo repartiu os seus peixes, quitámolos e fómolos pegando en tiras de papel para adornar a zona dos percheiros. Dándolles a volta descubrimos quen nolos pegara. Cantos tes ti? Eu teño cinco! Eu teño catro!
Amosando publicacións coa etiqueta CALENDARIO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CALENDARIO b>. Amosar todas as publicacións
venres, 1 de abril de 2022
martes, 15 de decembro de 2020
ARCO DA VELLA
A máscara de Xulia parecía querer avisarnos de que o arco da vella ía vir visitarnos. E xusto cando estabamos poñendo a data, apareceu pola ventá. Puxémonos tan contentos que saímos a saudalo. E despois debuxámolo no calendario!
martes, 14 de abril de 2020
E CHEGOU O TERCEIRO TRIMESTRE
Comezamos o terceiro trimestre e imos organizar o que facemos todos os días no cole cando chegamos para poder facelo na casa.
- Miramos quen é o encargado. Desde a casa vainos tocar todos os días selo. Pero xa sabemos o que temos que facer, verdade?
- Calendario. Temos que ter diante un calendario do mes de abril de 2020. Se non tedes, picade aquí. Riscamos os días que xa pasaron ata chegar ao 14, que o rodeamos. Cada día rodeamos o seguinte e riscamos o anterior. Comezamos contando en alto desde o día 1 ata chegar ao día que estamos 14. Hoxe é día 14. E como se escribe? Un 1 e un 4. Despois miramos que día da semana é: martes. Os sábados, domingos e festivos poñemos unha pegatina vermella (ou coloreamos). Miramos tamén en que estación do ano estamos e o ano. Cantamos/dicimos en alto os días da semana e os meses do ano.
- O Tempo. Miramos por unha ventá o tempo que fai hoxe: sol, nubes con sol, choiva...
- Aquí temos o calendario que usamos no cole (3,4,5 anos) para descargar. Buscamos o lugar onde corresponde poñer a data, escribimos o número e debuxamos o tempo.
- Cantamos a canción do Abecedario e lembramos as letras. Aquí tedes o que empregamos no cole.
- Aquí temos a lista de aula. Buscamos o noso nome e dicimos en alto o dos compañeiros e compañeiras.
3 anos: escribimos o noso nome e contamos as letras que ten. 4 anos: escriben tamén o número de letras ao lado do nome. Cada día elixen un nome diferente da lista de aula para escribir o nome en maiúsculas e contar as letras. 5 anos: escriben tamén o número de letras ao lado do nome. Cada día elixen un nome diferente da lista de aula para escribir o nome en minúsculas e contar as letras.
- Aquí tedes o Abecedario e a recta numérica para imprimir.
Se non tedes posibilidade de imprimir, podedes facelo oralmente e/ou escribir nunha libreta/folio que teñades na casa. Ao mellor así explicado parece un pouco complicado pero eles vanvos axudar. Saben moito máis do que pensamos! Se tedes calquera dúbida, mandade un correo electrónico.
luns, 20 de novembro de 2017
SORPRESA NO CALENDARIO
Hoxe cando Alba ía dicirnos a data levamos unha sorpresa: no calendario de novembro non hai día 20! E temos dous días 21! Vaia sorpresa! Despois houbo que ir con coidado para poñer nos nosos calendarios o 20 e non confundirnos.
xoves, 21 de setembro de 2017
O CALENDARIO
Todos os días miramos no cole o calendario e traballamos que día é, o tempo que fai... para despois facer o noso propio calendario.
xoves, 3 de novembro de 2016
luns, 29 de febreiro de 2016
29 DE FEBREIRO
Hoxe, 29 de febreiro, é un día especial. Só cada catro anos é ano bisesto e febreiro ten 29 días. 2016 é ano bisesto e ten 366 días. O seguinte ano bisesto será entón no 2020. Google adícalle o seu doodle hoxe cuns coelliños que nos gustaron moito. Picade na imaxe para saber máis sobre por que existen os anos bisestos.
mércores, 17 de decembro de 2014
O APALPADOR E A CASTAÑA MÁXICA
Un novo conto de Xoán G. achéganos ao Apalpador e ás castañas máxicas para chegar á conclusión de que a maxia está na nosa imaxinación. E co libriño que fixemos do Apalpador levamos un agasallo moi especial: un calendario do 2015 coa nosa foto de Nadal e os puchos de Papá Noel. Feliz ano novo!!
mércores, 29 de outubro de 2014
martes, 30 de setembro de 2014
martes, 1 de abril de 2014
xoves, 20 de marzo de 2014
PRIMAVERA
Esta tarde a iso das seis, chega a primavera. E claro, no cole tivemos que cambiar as letras do inverno polas novas: ordealas para que puxese primavera, contalas para ver se eran moitas ou poucas e pegalas na parede para lembrar cada día en que estación estamos. A profe retratounos unha vez máis para ver como imos medrando. Benvida, primavera!!!!!
xoves, 27 de febreiro de 2014
martes, 4 de febreiro de 2014
INVERNO
Xa cando voltamos das vacacións de Nadal, cambiamos as letras do OUTONO polas do INVERNO (había que ordealas antes de colocalas!). Estamos metidos de cheo na estación máis fría do ano e nestes días de choiva e vento que non podemos saír ao patio...cantámoslle ao inverno! A profe Rosana aprendeunos unha canción e a profe Marta, outra. Cantades con nós?
venres, 31 de xaneiro de 2014
xoves, 9 de xaneiro de 2014
VOLTAMOS Á ESCOLA E CAMBIAMOS DE ANO: FELIZ 2014!!
Xa estamos de volta, estreando un novo ano e co desexo de que este 2014 veña cheo de momentos de felicidade. No cole agardábannos varias sorpresas: un calendario novo, que nos trouxeron Wences e a súa mamá cunha receita para cada mes (moitísimas grazas!!) e una carta do Apalpador con dúas castañas e dous paquetiños. Os maiores que xa saben ler axudaron á profe a ler a carta e despois abrimos os agasallos: puzles, un xogo de pesca, outro de cortar froitas e una chea de selos para estampar. Canto nos gustaron!! Tamén falamos do que nos trouxeran os Reis ou Papá Noel nas nosas casas: tabletas, monopatíns, bonecas...de todo houbo!! O primeiro día de escola logo de tantos de vacacións fíxose un pouco longo pero a ilusión do reencontro cos compañeiros puido co sono. Benvidos ao segundo trimestre do curso e feliz 2014 a todos!
mércores, 6 de novembro de 2013
mércores, 2 de outubro de 2013
luns, 16 de setembro de 2013
POÑEMOS O CALENDARIO
Estreamos una nova semana de setembro xa cos pequenos de 3 anos incorporados ás 9 da mañán. Estabamos desexando ensinarlles como poñemos o tren, a quen lle toca ser o encargado ou encargada, onde colocamos as fotos cando estamos no cole e como facemos o calendario. Axiña aprenderon a dinámica e xa estaban buscando o seu nome e recortando e pegando as letras de setembro. Benvidos/as ao "cole de maiores"!!
venres, 7 de xuño de 2013
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)