![]() |
| Lucía vai buscar o Maio |
O 30 de abril, como manda a tradición, Lucía foi buscar o maio e quixo compartir con nós as fotos. Moitas grazas a Lucía e a súa familia por compartilas. Se queredes saber máis sobre esta tradición, picade na imaxe.
Para celebrar o Día do Libro quixemos facerlle un agasallo a Zapatocas, a mascota da nosa biblioteca, que coida dos libros e nolos empresta cada martes para levar ás nosas casas. Eliximos o conto de Lúa e fixémoslle un teatriño para poder contarlle o conto con todos os personaxes. Feliz Día do Libro, Zapatocas! Moitas grazas!
Elia foi dar un paseo en familia pola Ruta da Pedra e da Auga e...apareceron as casiñas dos morcegos! Moitas grazas por compartir as fotos. Que grandes detectives estades feitas!