Imaxe: Ricardo Liniers Siri

venres, 31 de xaneiro de 2025

A CANDELORIA

 O vindeiro domingo 2 de febreiro celébrase o día da Candeloria. A tradición popular conta que a partir dese día as aves comezan a buscar parella para facer o seu niño. É o día no que casan os paxariños...

Aproveitando o material da páxina Apego.gal  coloreamos os paxariños con xiz e fixémoslles un marco de corazóns.















APADRIÑAMOS UN PINGÜÍN!



Enterámonos de que estaba aberta a campaña para apadriñar un pingüín e decidimos unirnos. Apadriñando un pingüín barbixo comprometémonos a coidar o medio ambiente, para entre todos poder facer do planeta Terra un lugar máis limpo, saudable e equilibrado coa natureza. Así, conseguirá sobrevivir e converterse nun pingüín adulto, capaz de procrear e poder coidar dos seus pingüíns bebés.

Primeiro pensamos a ver que nome lle poderíamos poñer e saíron varios: Carolina (como a curmá de Pablo), Carol Gi (así escrito, con i), Rodrigo (coma min), Rosa (porque a min me gusta a cor rosa) e Macho (coma o chivo que naceu na casa do avó). Á hora de votar saíu por maioría o nome de Macho para o noso pingúín. 

Cubrimos o formulario, enviámolo e hoxe recibimos a foto de Macho e o diploma. Queredes coñecelo?




SEMANA DA PAZ

O martes na biblioteca de Leiro contamos o conto Nos tratamos bien, un libro de Lucía Serrano sobre a amizade, o respecto e a importancia de tratarnos ben. Falamos do que alí ocurría, de como tratamos os demais e como nos gusta que nos traten a nós.




E o xoves descubrimos as emocións co monstro de cores e as actividades que nos propoñía no seu maletín. Moitas grazas a Eric e a súa familia polas recomendacións. 








martes, 28 de xaneiro de 2025

FIXEMOS UN PINGÜÍN!

 Reciclando e coa axuda da profe Olalla fixemos uns pingüíns enriba duns anacos de xeo. E cando os rematamos, colocámolos no Polo Sur no medio dun temporal de neve.









domingo, 26 de xaneiro de 2025

PINGÜÍNS

 


A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer unha familia de pingüíns. Moitas grazas a todas por participar!





Eric e a súa familia de pingüíns


Manu probando os pingüíns

A familia de pingüíns de Manu



Aroa e o seu pingüín



Carmen preparando os seus pingüíns

Colocamos os ingredientes con coidado

Carmen e os seus pingüíns



Rodrigo e os seus pingüíns

sábado, 25 de xaneiro de 2025

COREOGRAFÍATE 2024

 Se queredes ver o vídeo dos superheroes e superheroínas do noso CRA que vén de gañar o premio do concurso Coreografíate 2024, picade na imaxe!



mércores, 22 de xaneiro de 2025

MAMÁ PINGÜÍN É A MELLOR

 Á biblioteca de Leiro xa chegou o inverno e Zapatocas quixo amosarnos un conto sobre pingüíns e un libro de como debuxalos. Mamá pingüín é a mellor!





domingo, 19 de xaneiro de 2025

OSO POLAR

 



A proposta para o obradoiro de cociña en familia desta fin de semana era facer un oso polar. Moitas grazas a todas por participar! E falando de osos polares aproveitamos para ler o conto Porque te quero tanto!




Lara, a raíña do xeo, e o seu oso polar






Aroa e o seu oso polar

Adán e o seu oso polar



Carmen cortando o plátano



Colocamos os ingredientes con coidado



Listo o oso polar de Carmen!

COMEFROITAS DE XANEIRO

 Xa van chegando as coroas para os Comefroitas do mes de xaneiro. Na escola tamén comemos san!




















mércores, 15 de xaneiro de 2025

CUMPLE DE XANEIRO

 O noso compañeiro Rodrigo está de aniversario hoxe e quixemos acompañalo nas súas 4 voltas ao redor do sol. Parabéns, Rodrigo! Canto medraches!





martes, 14 de xaneiro de 2025

CHEGOU O RATO PÉREZ!

 Ao noso compañeiro Manu caeulle o seu primeiro dente e vén de recibir o seu carné de membro do Club do desdentado enviado polo Rato Pérez especialmente para el. En breve xa lle vai caer o segundo dente, que como nos dixo el, xa lle "abanica". Parabéns, Manu!




sábado, 11 de xaneiro de 2025

BONECO DE NEVE

 





Cambiamos de estación, despedimos o outono e démoslle a benvida ao inverno cunha canción moi simpática que nos encanta: El invierno está al revés, de Petit Pop.

E desta maneira comezamos o obradoiro de cociña en familia do segundo trimestre cunha proposta moi invernal: facer un boneco de neve. Moitas grazas a todas por participar!


Eric e o seu boneco de neve


xoves, 9 de xaneiro de 2025

FELIZ 2025!

 Voltamos das vacacións de Nadal e comezamos o segundo trimestre. O reencontro e o 2025 chegaron cargados de paquetes que nos deixaron o Apalpador, Papá Noel e os Reis cheos de xogos e lecturas para compartir!